O dicionario da Real Academia Española da Lingua define corrupción nunha das súas acepcións como: “En las organizaciones, especialmente en las públicas, práctica consistente en la utilización de las funciones y medios de aquellas en provecho, económico o de otra índole, de sus gestores”.
A Corrupción política é un tema do que se fala con moita frecuencia e que está á orden do día.
Ultimamente dánse tantos casos que mesmamente hai persoas que consideran a corrupción política como algo habitual na clase política dirixente.
Pero ¿Como se pode medir a corrupción política a nivel internacional? ¿Como se poden comparar uns países con outros?
Transparencia Internacional (TI) é unha organización non gobernamental internacional dedicada a combater a corrupción política, tendo como ferramenta principal a difusión de información. Foi fundada en 1993.
TI aborda as diferentes facetas da corrupción, tanto no interior dos países como nas relacións económicas, comerciais e políticas internacionais. O propósito é comprender i enfrontar os dous rostros da corrupción: quen corrompe e quen permite ser corrompido.
Os principios fundamentais desta ONG son:
* Non investigar casos particulares
* Manterse independente da política partidista.
* Traballar en colaboración co maior variedade de sectores posible.
Anualmente TI publica o Índice de Percepción da Corrupción que clasifica os países de acordo co grao de corrupción que, segundo se percibe, existe entre os funcionarios públicos e políticos
Tamén emite informes como poden se o Informe Global sobre a Corrupción e o Informe Especifico de España.
No Índice de Percepción da Corrupción de 2009 os países que figuran nos postos mais destacados son Nova Zelanda, Dinamarca, Singapur, Suecia e Suíza con unha puntuación de mais de nove puntos sobre dez.
Cerran a relación de 180 países Irak, Sudán, Myanmar, Afganistan e o último e Somalia con unha puntuación de un sobre dez.
Nesta relación España non sae moi ben parada, aparece no posto 32 con unha puntuación de 6,1 detrás de países como Barbados, Chile, Uruguai ou Estonia.
Pero o que aínda é peor é que dende o ano 2004 España ven empeorando a súa puntuación. Así pasou de 7,1 no 2004 ó 6.1 actual
Como se pode ver o resultado non e nada esperanzador, mais ben todo o contrario, parece que vamos de mal en peor.
Vistos estes datos eu penso que os dirixentes dos partidos deben de tomar as medidas necesarias para combater a corrupción. Unha lacra que fai moito dano a credibilidade da clase política, así como a propia economía do país.
Non se trata de desculpar e xustificar as actuacións dos militantes do noso partido e denunciar os caos de corrupción dos outros partidos.
Todo o contrario, tratase de que os dirixentes de cada un dos partidos tomen as medidas necesarias, no seu propio partido, para evitar casos de corrupción.
Así, entre todos, si cada un actúa no seu partido sen excepcións e de forma inflexible, poderase conseguir mellorar.
Si polo contrario só actúan cara a galería e a opinión pública, sen enfrontarse claramente ao problema, ou limitándose a denunciar os casos que afectan os outros partidos políticos, así non se resolvera nada. Seguirase a perder o tempo.
A solución téñena os dirixentes dos partidos políticos. ¿Serán valentes para tomar as medidas oportunas?. Francamente, eu non o creo.