Site icon Crónica3.com A Mariña

A piscina climatizada de Ribadeo contará con paneis solares e sistema de depuración ultravioleta

RIBADEO (FNC) .- Comenzou a instalación de 100 metros cadrados de paneis solares na piscina municipal de Ribadeo. Un proxecto que suporá un investimento de 104.000 euros financiados pola Consellería de Medio Ambiente a través do núcleo de sostibilidade.

O alcalde, Fernando Suárez, estivo hoxe supervisando as obras de colocación de ditos paneis “na piscina municipal climatizada co obxectivo de aforrar uns 100.000 kilowatios ao ano de enerxía eléctrica. Estas placas darán servizo tanto ao vaso da piscina, como ao resto dos servizos que teñen esas instalacións”.

O rexedor explicou que “como esta situación vai producir un desequilibrio positivo na concesión administrativa que o Concello ten coa empresa concesionaria, para volver ao equilibrio da concesión estamos a estudiar varias propostas que a firma nos está a poñer enriba da mesa, pero hai unha que nos gusta moito que é rebaixar o nivel de cloro a unha cantidade ínfima e substituilo por sistemas de depuración ultravioleta”. Fernando Suárez suliñou que “eso permitirá reducir o cloro en auga e en ambiente de xeito significativo e redundará nun mellor servizo e nunha mellor calidade para os usuarios da piscina municipal de Ribadeo e poñeráa nunha situación punteira sobre calquera outra do entorno no que son os servizos de tecnoloxía e respecto polo medio ambiente”.

Exit mobile version