Site icon Crónica3.com A Mariña

A Peña Barcelonista de San Miguel organiza unha charla e unha comida

BARREIROS .- A Peña Barcelonista San Miguel celebra o sábado un “acto barcelonista pero de interese xeral”, explican, no que participará o xefe de deportes, en Barceloan, da emisora de radio Onda Cero, Alfredo Martínez. Este profesional comenta comenta os partidos de fútbol nos que participa o Barcelona.

Nota de Prensa

A peña barcelonista San Miguel organiza para este sábado día 5 de decembro un acto barcelonista pero de interese xeral.
Contarán coa presenza do locutor de radio (Onda Cero) Alfredo Martinez, persona que se encarga de locutar en directo ó FC Barcelona alí onde xoga. Ademáís, Alfredo Martínez é o xefe de deportes de Onda Cero Barcelona.
A partir das 14.30 h. celebrarase unha comida de recepción. Terá lugar no restaurante Oliñas do Mar, sito na praia de Benquerencia. O menún consistirá en polbo, empanada, gambas gabardina, entrecot ou rodaballo á plancha, postre, café e licores. O prezo será de 30,00 € por persoa. Para apuntarse pódese dirixir a Jose – 647 57 13 60. Será un momento no que se poida charlar de forma máis tranquila e íntima co invitado.
Posteriormente, ás 17.00 h., celebrarase unha charla impartida por Alfredo Martínez, na que nos comentará a relación do F C Barcelona coa prensa e a sua experiencia seguindo ó noso clube por todo o mundo. A entrada á charla é totalmente gratuíta, e igual que a comida poderá acceder toda persoa que o desexe.
Finalmente, un grupo de socios da peña desprazarase A Coruña para presenciar en directo o partido de Liga Depor – Barça, coa intención de animar ó pentacampeón e poñer o seu gran de area para que este ano sexa tan glorioso como o pasado. Para esta viaxe, a inscripción xa está pechada.
Dende a peña animan a todo-los afeccionados a participar nestes actos que son de gran interes.

Exit mobile version