Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación repartiu exemplares do catalogo As portas de Rinlo entre os veciños

RIBADEO .- O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, participou o sábado, xunto co fotógrafo Fernándo F. Páez, e Carlota Eiros, nunha xuntanza con veciños de Rinlo na que se lles entregou, a modo de agasallo, exemplares do catálogo da mostra “Ás Portas de Rinlo”.

Nota de Prensa

A ÁREA DE CULTURA AGASALLA AOS VECIÑOS DE RINLO CON VARIOS EXEMPLARES DO CATÁLOGO DA MOSTRA DE FERNÁNDO F. PÁEZ

O proxecto expositivo “Ás portas de Rinlo” reclama a declaración desta aldea da Mariña coma Ben de Interese Cultural na categoría de “Lugar Etnográfico”

LUGO, 5 de decembro de 2009. O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, participou este sábado, xunto co fotógrafo Fernándo F. Páez, e Carlota Eiros, nunha xuntanza cos veciños do lugar de Rinlo na que se lles entregou, a modo de agasallo, un bo número de exemplares do catálogo da mostra “Ás Portas de Rinlo”. De xeito informal, o nacionalista lembrou que foron os propios veciños desta aldea de Ribadeo quen colaboraron nun proxecto artístico desenvolto pola iniciativa cidadá “A prol de Rinlo BIC” que persegue a difusión, defensa e conservación dos valores patrimoniais deste lugar e tamén a súa declaración como Ben de Interese Cultural na categoría de “Lugar Etonográfico”. Tanto Veiga coma Páez coincidiron en resaltar o interese e a disposición dos veciños de Rinlo a participar activamente neste proxecto expositivo. De xeito directo ou indirecto todos eles están presentes nas 50 imaxes que conforman este catálogo, concluiron.

O Museo do Mar acollerá en breve esta mostra, composta dunha escolma de 12 imaxes, que pretende amosar a beleza do vernáculo e da paisaxe histórica reclamando actuacións que respecten a memoria e manteñan viva a identidade local dos núcleos máis tradicionais do país. Coa esta escolma, xa presentada no Museo Provincial de Lugo, o fotógrafo Fernando F. Páez ofrécelle á sociedade a posibilidade de percibir doutro xeito as marcas que o paso do tempo deixa nas persoas e nos lugares da Comarca da Mariña. Alén disto, Antonio Veiga  salientou que esta exposición reflicte o xeito de vida dos veciños dun lugar peculiar da costa lucense a través dos rostros dos seus mariñeiros, das súas mariscadoras, das súas casas ou das paisaxes que definen esta zona. Para o nacionalista, este proxecto expositivo é un exemplo máis do amplo e variado patrimonio cultural inmaterial que existen e Galiza e que “debemos preservar e potenciar” en favor da identidade cultural do propio país.

Exit mobile version