Nota de Prensa
Gómez Besteiro cumpre coa súa palabra e entrega o proxecto de acceso ás Catedrais ao Alcalde de Ribadeo
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, entregáronlle este venres ao Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, o proxecto de acondicionamento da estrada provincial 0610 de Altar-Reinante-Os Castros, e que dá acceso á praia das Catedrais. As obras de mellora, que son executadas con fondos propios do organismo provincial, teñen un orzamento que 500.000 euros. Gómez Besteiro destacou que “cumprimos coa palabra dada no mes de novembro a todos os veciños de Ribadeo cando anunciamos que antes do Nadal lle entregaríamos o proxecto ó seu Alcalde. A Deputación acomete unhas obras de mellora que son necesarias e que permitirán ter un acceso á praia das Catedrais en perfectas condicións”.
NOVIDADES
O organismo provincial aumenta o número de quilómetros de estrada que tiña previsto mellorar, e acordar acondicionar 2,4 quilómetros, concretamente dende o punto 9,920 ao 12,320. A Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) da Deputación foi a encargada da redacción do proxecto destas obras que teñen un prazo de execución de 4 meses.
Da memsa forma, a Deputación tamén incrementa o ensanche deste vial con 6,5 metros e 6 metros.
Asimesmo, o proxecto inclúe outras novidades: a construcción dunha rotonda no entroque de unión coa N-634 e a A-8 que se ubicará no punto quilométrico 11,065; e a construcción dunha depuradora de augas residuais para os usuarios que empreguen as instalacións existentes na zona.
CERTIFICACIÓN DE PRAIAS
Todos as actuacións serán concertadas coa Dirección Xeral de Costas para garantizar e protexer o entorno natural. Neste senso, Gómez Besteiro adiantou que no primeiro trimestre do ano comezarán os traballos para a certificación da praia das Catedrais, o único areal non urbano da provincia que contará con este distintivo