Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación desvía, para cubrir “gastos diversos”, 182 mil euros, asegura o PP

Nota de Prensa

O GPPP denuncia que a Deputación desvía, para cubrir “gastos diversos”, máis de trinta millóns de pesetas que a área de Cultura tiña para investimento

* Os populares critican que o investimento real no museo provincial verase reducido pola introducción destes cambios un 56 por cento

Lugo, a 18 de decembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou que a Deputación de Lugo, con José Ramón Gómez Besteiro e Antón Bao ó fronte, desviou, segundo un decreto con data do pasado 1 de decembro, 182.000 euros (30,3 millóns das antigas pesetas), que case na súa totalidade estaban previstos adicar inicialmente a investimentos en instalacións culturais, a “gastos diversos”.

Este capítulo orzamentario de “gastos diversos”, segundo suliñan os populares, adícase fundamentalmente a facer autopropaganda.

Os populares explicaron que cos cambios aprobados por decreto do Presidente da institución provincial deixase de investir un total de 158.000 euros. A estes cartos hai que sumarlle 24.000 euros máis, que incialmente estaban destinados a subvencións correntes, e que agora pasarán a engordar o capítulo que os nacionalistas empregan, segundo os populares, con fins “claramente partidistas”.

Así, segundo especifican dende o GPPP, dos 158.000 que había para investimento real, 45.000 ían destinados a San Paio de Narla, en Friol, para efectuar diversos traballos de reparación destas instalacións e outra partida de 113.000 euros estaba dirixida a varias actuacións no Museo Provincial, para dotación de mobiliario, equipos informáticos, obras, etc..

Os cambios promovidos polo Goberno da Deputación nos orzamentos desta ano suporán, por tanto, que a partida orzamentaria adicada inicialmente ó museo provincial se vexa reducida un 56 por cento, ó pasar dos 277.200 euros previstos a 157.263 euros.

REBAIXAS DRÁSTICAS.-

Así, esta reducción  afecta principalmente ó apartado de investimentos reais. De feito, a partida adicada ós investimentos asociados á reposición de edificios e outras construccións, que ascendía en total a 60.000 euros, elimínase completamente; e a dirixida á dotación de mobiliario e aparellos informáticos redúcese un 70 por cento, ó pasar de 100.000 a 30.000 euros.

O investimento en equipos e procesos informáticos tamén se reduce drátiscamente, máis dun 50 por cento, ó quedarse a partida inicial de 40.500 euros en só 16.500.

Para o GPPP, non cabe dúbida de que “os nacionalistas están a converterse en aplicados alumnos de Besteiro, e agora tamén se suman ó autobombo e á cultura do despilfarro, esquecendo que seguemos inmersos nunha crise económica extremadamente grave”.

Exit mobile version