CERVO .- A Área de Cultura e Deportes da Deputación, dirixida polo nacionalista Antonio Veiga, resolveu a concesión de axudas de apoio á actividade deportiva e cultural por un importe total de 53.746 euros, 3000 euros mais que o ano pasado. O número de solicitudes presentadas, tanto para actividades deportivas como culturais foron 25, unha mais que no exercicio 2008, distribuídas en 18 solicitudes para actividades e investimentos culturais por importe de 34.446 euros e 7 para investimentos e actividades deportivas por 19.300 euros.
O alto número de solicitudes presentadas demostra a vitalidade asociativa do municipio.
É de destacar que Cervo é o sexto concello con maior investimento na resolución de axudas competitivas para actividades e investimentos culturais e deportivos da Mariña e o cuarto por número de solicitudes presentadas,”son cifras que dan conta da vitalidade asociativa do concello, xa que das 25 solicitudes, 21 corresponden a clubs e asociacións”. O nacionalista resaltou o importante apoio económico recibido polos colectivos e asociacións con residencia social no concello para actividades desenvoltas maioritariamente dentro do ámbito municipal, mais tamén no conxunto da comarca. Dos 53.446 euros de axudas, 45.461 corresponden a clubs e asociacións deportivas e culturais e 8.285 a solicitudes presentadas polo goberno local; tódalas solicitudes foron atendidas coa excepción da dun club deportivo que pedía unha axuda para unha actividade cultural e que eles mesmos retiraron ao non estar incluída nos seus fins sociais.
De oficio prorrógase a realización de activades culturais con cargo á axudas 2009 até o 31 de marzo de 2010.
Debido ao retraso na resolución das axudas de cultura, a área de Cultura e Deportes aprobou na Xunta de Goberno celebrada o 11 de decembro, unha prórroga na realización de actividades culturais ate o 31 de marzo do ano 2010 e a súa xustificación até o 31 de xuño do mesmo ano, deste xeito permíteselles as entidades solicitantes a ampliación do prazo para as actividades e/ou investimentos culturais para os que solcitaron axuda económica que lle será notificada coa concesión da axuda.