Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegada territorial da Xunta na xornada “A directiva de servizos da Unión Europea e as corporacións locais”

LUGO .- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, participou nunha xornada sobre “A directiva de servizos da Unión Europea e as corporacións locais”. Raque Arias referiuse a directiva comunitaria relativa aos servizos no mercado interior, que está sendo obxecto de transposición á lexislación estatal e autonómica, supón “unha fortaleza” para Galicia, xa que “permitirá eliminar algunhas restricións actuais e romper barreiras legais e administrativas de cara a aumentar a competitividade no sector”.

Nota de Prensa

RAQUEL ARIAS CONTEMPLA A NOVA NORMATIVA EUROPEA DE SERVIZOS COMO “UNHA FORTALEZA” QUE MELLORARÁ O EMPREGO EN GALICIA

A delegada territorial inaugurou hoxe unha xornada sobre a directiva comunitaria, que coas modificacións da Lei de comercio interior que depara dotará aos galegos dun “marco actualizado e eficaz que protexerá o interese xeral” neste ámbito

Lugo, 21 de decembro de 2009.- A directiva comunitaria relativa aos servizos no mercado interior, que está sendo obxecto de transposición á lexislación estatal e autonómica, supón “unha fortaleza” para Galicia, xa que “permitirá eliminar algunhas restricións actuais e romper barreiras legais e administrativas de cara a aumentar a competitividade no sector”.

Así o expuxo a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, que hoxe inaugurou a xornada A directiva de servizos da Unión Europea e as corporacións locais, celebrada no salón de actos da Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo.

Arias considerou que a aplicación da directiva europea en Galicia permitirá “de acordo coa Estratexia de Lisboa, incrementar a eficiencia, a produtividade e o emprego no sector servizos” así como “loitar contra a inflación económica ao axudar a que se reduzan os prezos que se pagan polos servizos”.

A delegada territorial asegurou tamén que a Lei de comercio interior, modificada ao abeiro do recollido na normativa europea de servizos, servirá para dotar a todos os galegos dun “marco actualizado e eficaz que protexerá o interese xeral” neste importante ámbito económico.

A xornada estruturouse nunha mesa redonda e o posterior coloquio, e contou coas intervencións de representantes de diferentes organismos e administracións, como o subdirector xeral de Rexime Xurídico Local, Borja Verea, ou o presidente do Colexio Oficial de Secretarios, Tesoureiros e Interventores de Lugo, José Antonio Carro.

Precisamente o subdirector xeral de Réxime Xurídico asegurou que o principal eixo da modificación da normativa no mercado interior con relación á ata de agora existente deriva “das disposicións que a propia directiva establece na regulación da liberdade de establecemento e prestación de servizos, e que conectan co respecto ao interese xeral, de xeito que sexa compatible compatibilizar a liberdade de apertura cun axeitado ordenamento do territorio que favoreza o desenvolvemento equilibrado e garanta o benestar de todos os galegos.

Os cambios introducidos, apuntou Verea, tamén cumpren cos obxectivos de simplificación administrativa requeridos pola directiva comunitaria, posto que “o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica integrarase no procedemento para o outorgamento da licenza municipal de actividade”. Ademais, o réxime de autorización previsto na modificación garante a proporcionalidade e a non discriminación entre empresas, con independencia da súa nacionalidade, procedencia, características e formato”.

O Consello da Xunta aprobou precisamente o pasado 3 de decembro o anteproxecto da lei que modificará 24 normas autonómicas para adaptalas a esta directiva, que pretende conseguir un auténtico mercado único de servizos na Unión Europea, eliminando os obstáculos legais que limitan o desenvolvemento de actividades do sector entre os Estados membros.

Exit mobile version