Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegada da Xunta salienta o carácter integrador que existe entre o deporte e o Camiño de Santiago

LUGO .- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, destacou “o carácter integrador” que une ao deporte e ao Camiño de Santiago. Arias fixo estas declaracións na apertura da segunda das charlas do ciclo O Xacobeo tamén nos amosa o camiño do fútbol, unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura e Turismo, a través do programa Xacobeo, e que contou coa colaboración do Club Deportivo Lugo.

A máxima representante do Executivo galego sinalou a condición divulgativa “no eido deportivo, pero tamén no ámbito social e cultural, destas charlas, que contaron cun cartel de bandeira” e que reuniron a numeroso público no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta en Lugo.

As palabras de Arias prologaron á intervención de Juan Carlos Mandiá e Quique Setién, adestradores de fútbol na actualidade. Estes expuxeron as súas valoracións seguindo como eixe O futuro do fútbol, que foi o título da charla, na que actuou como moderador o periodista vivariense Luis Timiraos.

Aproveitando a presenza de numerosos xóvenes, que posteriormente cuestionaron aos relatores sobre as súas experiencias no fútbol profesional, Arias recordoulles a necesidade de ”traballar con dedicación” para conseguir os obxectivos marcados. “Só o esforzo é salvoconducto para o éxito”, afirmou a delegada territorial.

Por último, Arias aproveitou para recordar a traxectoria ascendente do CD Lugo e do Durán Maquinaria Ensino, como estandartes dun deporte lucense “puxante” e no que “as mulleres e a canteira” teñen moito que dicir.

Exit mobile version