Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegación de Deportes non aproveita as axudas da Deputación, asegura o PP de Burela

NOTA DE PRENSA

O GMPP: a Delegación Municipal de Deportes non aproveita as axudas da Deputación.

Os populares aseguran que o Concello de Burela só recibirá sete mil euros.

Lamentan a falla de iniciativas e de proxectos en materia deportiva, e ofrécense para dar suxerencias.

O GMPP de Burela manifestou a súa sorpresa pola falla de iniciativas e proxectos da Delegación Municipal de Deportes para aproveitar os fondos que a Deputación Provincial de Lugo destinaba no presente ano 2009, porque das liñas que a Deputación establecía para conceder subvencións ós concellos, equipamentos deportivos, gastos correntes para eventos deportivos, gastos correntes para actividade permanente, investimentos e axudas polo temporal, só presentou solicitudes para dúas delas, polas que lle serán concedidos 2.500’00€ para as escolas deportivas e 4.500’00€ para actuacións no campo de A Marosa derivadas do temporal.

Pola contra, outros concellos, como Ribadeo, optaron a tres liñas de subvencións e teñen as tres, e por eso acadan once mil euros.

Para o PP burelés, esto é unha mostra máis da falla de iniciativas e de proxectos do bipartito burelés, neste caso en materia deportiva, área que dirixie Nieves Cando. Cando tén chufado dabondo a colaboración que ía ter a Deputación co Concello de Burela. Pois ben, só decirlle que a Deputación do PP no seu momento pagou integramente as obras de reparación da tribuna que vén de ser arranxada precisamente agora. E agora, a subvención da Deputación queda reducida ós 4.500’00€ indicados, cando a da Xunta é de 6.500’00€.

Igualmente, non deixa de ser chocante que o Concello de Burela, co volume de usuarios que Nieves Cando di que teñen as Escolas Deportivas, reciba para esta actividade menos ca concellos cunha poboación sensiblemente inferior. E por riba os convenios cos clubes deportivos de Burela para o presente exercicio presupostario de 2009 ainda están sen asinar.

Os populares indican que xa non saben que disculpas poñerá  Nieves Cando, ou que calificativos nos dirixirá, pero o que é evidente é que hai concellos, de poboación similar e mesmo inferior ó noso, que reciben máis aportacións da Deputación. E esto logo de tentar vendernos estes dous anos e medio que agora sí que había apoio ó deporte base, agora sí que había interese por mellorar as instalacións e un largo etcétera que se demostra co paso do temo que non era máis ca un intento de engano masivo. A realidade é tozuda: axudas para deportes da Deputación para o Concello en 2009, sete mileuros; eso sí, cobraranse dentro de cinco ou seis meses, como mui rápido. Se xa é grave que tarden un ano en conceder as subvencións logo de que fora aprobado o presuposto, tan grave é este retraso que se producirá no cobro.

Finalmente, por todo o indicado, é polo que lle pedimos a Nieves Cando que se aplique no traballo, e que non perda nin a máis mínima oportunidade de acadar unha subvención. E se non sabe, que pregunte, que lle daremos ideas e suxerencias.

Exit mobile version