Site icon Crónica3.com A Mariña

A Constitución

Estos días cumpríronse 31 anos en que o pobo español aprobou en referendum a Constitución Española.

A Constitución esta composta por unha serie de artigos que teñen por finalidade regular a convivencia entre os españois, e tamén entre as diferentes rexións ou nacionalidades que compoñen o noso pais.

Recolle as reglas que os españois quixemos que sexan as que regulen a nosa convivencia. Define as características do noso estado e regula  os dereitos e deberes dos cidadáns e dos diferentes órganos do estado (parlamento, goberno, tribunal constitucional, etc).

Tamén define o estado autonómico e regula a relación do estado con as diferentes autonomías. O papel e as competencias que lle corresponden a cada quen, e regula a forma en que se deben de facer as transferencias.
As competencias e obrigas do Goberno Central e dos diferentes Gobernos Autonómicos e a relación entre eles.

A Constitución e a base da nosa convivencia, e a ferramenta imprescindible para o funcionamento dun estado democrático.

Ningunha ley nin decisión que se tome pode contradicir o recollido na Constitución, o que e unha garantia para a convivencia democrática e serve para evitar calquer tipo de exceso, involucionismo ou medida dictatorial.

Pero o que tamén e certo e que o articulado da constitución pode dar lugar a diferentes lecturas e interpretacións, según o que interese en cada momento, ou quen sexa o interesado.

As veces non e fácil nin moi clara a correcta interpretación, e por elo que existe un Tribunal Constitucional para decidir que leis e artigos cumpren e deixan de cumprir a Constitución.

En alguns casos nin o propio Tribunal Constitucional se pon de acordo na súa interpretación e da lugar a sentenzas na que mostra a súa división.

Nestas datas estamos a ver como diferentes personaxes públicos (políticos, periodistas, etc) están a opinar sobre a constitucionalidade ou non do estatuto catalán, expresando mais o seu desexo que a realidade en sí.

Eu creo nos dereitos dos cidadáns a tomar as súas propias decisións, sempre que sexa de unha forma democrática e respecte a legalidade vixente. Non estou en contra de que os cidadáns de un determinado pobo podan elixir o seu futuro, sempre e cando as súas decisións respecten as regras do xogo democrático, cumpran as leis e non vaian contra os intereses de outros cidadáns.

Pero alguen ten que decidir cando existen dubidas ou conflitos de intereses. Alguén ten que velar que as decisións e acordos que uns poidan tomar non prexudiquen a outros cidadáns de outras rexions. Esta e a labor do Tribunal Constitucional.

Eu animo a aqueles que non se atopen cómodos coas leis que traballen en pos de cambialas. Os que non teñan de acordo con o articulado da Constitución que propoñan unha modificación da mesma. Pero mentras tanto non se cambien ou modifiquen, a Constitución e as diferentes leis hai que cumprilas.

Pra rematar, eu pediría respecto e independencia para o Tribunal Constitucional e as decisións que toma na sua labor de interpretar si as diferentes leis son constitucionais ou non.
Que naide trate de presionalos nin influír nos seus acordos. E o mellor dos homenaxes que lle podemos facer a nosa Constitución.

Exit mobile version