Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Cultura concedeu axudas a concellos para a mellora dos espazos de actividades escénicas

LUGO .- A Consellería de Cultura e Turismo aporta axudas a 14 concellos para a realización de reformas técnicas e ampliación de equipamentos, principalmente, en salóns de actos, teatros e auditorios.  Entre os concellos que se beneficiarán das axudas atopase o de  Viveiro, Cervo, Foz, A Pontenova e Lourenzá

Nota de Prensa

CULTURA DISTRIBÚE ENTRE 14 CONCELLOS DE LUGO AXUDAS PARA A MELLORA DOS ESPAZOS DESTINADOS A ACTIVIDADES ESCÉNICAS

* As achegas permiten acometer reformas técnicas e realizar ampliacións de equipamento en teatros, auditorios e centros socioculturais da provincia

Lugo, 14 de decembro de 2009.- A Consellería de Cultura e Turismo oficializou hoxe as axudas destinadas á mellora dos espazos destinados a actividades escénicas, das que se beneficiarán 14 concellos da provincia de Lugo. Con estas achegas, o departamento autonómico da Xunta de Galicia promove a realización de reformas técnicas e ampliación de equipamentos, principalmente, en salóns de actos, teatros e auditorios.

Entre os municipios que se benefician destas subvencións atópanse: Baralla, Antas de Ulla, Viveiro, Ribas de Sil, Guitiriz, Cervo, Pantón, Vilalba, Foz, Monforte de Lemos, A Pontenova, Quiroga, Monterroso e Lourenzá. En todos eles, a Consellería de Cultura colabora para a remodelación do aspecto ou da dotación das instalacións destinadas a realización de actividades culturais.

Con estas dotacións económicas facilitarase por exemplo a substitución de butacas da platea do salóns de actos da Casa da Cultura de Antas de Ulla, unha actuación para a que se destinan 12.198 euros, ou ampliación de equipamento na Sala Bahía de Foz, para a que se achegan 8.610 euros.

As subvencións, que foron publicadas no DOGA do día de hoxe, facilitarán tamén a mellora técnica do Teatro Pastor Díaz de Viveiro e a do auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba, entre outras actuacións sobranceiras. En total, a Consellería de Cultura distribúe 47.900 euros na provincia de Lugo mediante esta liña de axudas.

Exit mobile version