Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Xuventude de Lourenzá programou variadas actividades de Nadal

LOURENZÁ .-  A Concellería de Xuventude de Lourenzá, da que é responsable Guadalupe Flórez Seivane,  programou variadas actividades de Nadal que se extenden dende o mércores, 23 de decembro ata o martes 4 de xaneiro. O lugar para anotarse  para os obradoiros, xogos e Xuvenlugo,  é a biblioteca en horario de 17:30  a 20:00 horas. Nos tres casos, as  prazas son limitadas, polo que se respectará  a orde de inscrición.

PROGRAMA
Mércores, 23 de decembro:  Ás 18:00 h., visita  de Papá Noel á  Casa do Concello, recepción  a tódolos nenos con  entrega de lambetadas.  A continuación, a compañía  Tarabelos, ofrecerá o  espectáculo “Un Nadal cheo de contos”, no Salón de Actos da Casa da Cultura.
Luns,  martes e mércores:  28, 29 e 30 de  decembro: Obradoiros de Nadal: “Postais  e adornos navideños”. Xogos de interior: “Mañás  a xogar… no Nadal” en  dous grupos, segundo  as idades: de 5  a 8 anos, e de  9 a 14 anos; data  límite para anotarse:  mércores, 23 de decembro.
Luns, 4 de xaneiro: Viaxe  a Xuvenlugo para rapaces  de 6 a 20 anos; data  límite para anotarse:  mércores, 30 de decembro.
Martes, 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis a partir das 18:00h,. Saída do Albergue e percorrido polas rúas ata chegar ó Concello, onde os Reis recibirán a tódolos nenos que se acheguen a saudalos. Ó remate, o espectáculo  músico-teatral “Contando aos sete ventos” a cargo de Manolo Panforreteiro, no Salón de Actos da Casa da Cultura.
O lugar para anotarse  para os Obradoiros, os Xogos e Xuvenlugo,  é a Biblioteca en horario de 17:30  a 20:00 horas. Nos tres casos, as  prazas son limitadas, polo que se respectará  a orde de inscrición.

Exit mobile version