LOURENZÁ .- A Concellería de Xuventude de Lourenzá, da que é responsable Guadalupe Flórez Seivane, programou variadas actividades de Nadal que se extenden dende o mércores, 23 de decembro ata o martes 4 de xaneiro. O lugar para anotarse para os obradoiros, xogos e Xuvenlugo, é a biblioteca en horario de 17:30 a 20:00 horas. Nos tres casos, as prazas son limitadas, polo que se respectará a orde de inscrición.
PROGRAMA
Mércores, 23 de decembro: Ás 18:00 h., visita de Papá Noel á Casa do Concello, recepción a tódolos nenos con entrega de lambetadas. A continuación, a compañía Tarabelos, ofrecerá o espectáculo “Un Nadal cheo de contos”, no Salón de Actos da Casa da Cultura.
Luns, martes e mércores: 28, 29 e 30 de decembro: Obradoiros de Nadal: “Postais e adornos navideños”. Xogos de interior: “Mañás a xogar… no Nadal” en dous grupos, segundo as idades: de 5 a 8 anos, e de 9 a 14 anos; data límite para anotarse: mércores, 23 de decembro.
Luns, 4 de xaneiro: Viaxe a Xuvenlugo para rapaces de 6 a 20 anos; data límite para anotarse: mércores, 30 de decembro.
Martes, 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis a partir das 18:00h,. Saída do Albergue e percorrido polas rúas ata chegar ó Concello, onde os Reis recibirán a tódolos nenos que se acheguen a saudalos. Ó remate, o espectáculo músico-teatral “Contando aos sete ventos” a cargo de Manolo Panforreteiro, no Salón de Actos da Casa da Cultura.
O lugar para anotarse para os Obradoiros, os Xogos e Xuvenlugo, é a Biblioteca en horario de 17:30 a 20:00 horas. Nos tres casos, as prazas son limitadas, polo que se respectará a orde de inscrición.