A colección Caixanova nace a mediados do século XX, cando a escasa actividade expositiva en Galicia impedía o achegamento á obra dos artistas da nosa comunidade e o recoñecemento da súa contribución ao panorama artístico nacional e internacional. A práctica coleccionista evitou o seu esquecemento.
A exposición, que ten a luz como fío condutor, foi visitada polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concelleira de Cultura, Neves Cando.