A Asociación de Veciños Atalaia de Ribadeo solicita a construción de nichos para responder á demanda dos veciños. Tamén piden que o Concello constrúa sepulturas-nichos para a xente que non poida pagar e un lugar para deposito de cinzas dado o número de persoas que se deciden pola incineración.