Nota de Prensa
OS populares pídenlle ó concello que “actúe” no Monte Castelo.
Advirten que as construccións de madeira estanse deteriorando.
Lembran que as últimas actuacións de mantemento foron feitas cando gobernaba o PP.
O GMPP burelés pídelle ó concello que “actúe” no Monte Castelo de forma inmediata porque as construccións de madeira da área recreativa estanse a deteriorar a pasos axigantados por ausencia de mantemento.
Para os populares, o edificio do bar, os bancos, as construccións que albergan os servicios hixiénicos, as balaustradas de madeira e os elementos de madeira das zonas de xogos precisan dunha actuación de mantemento urxente. Os populares consideran que de seguir así dentro de dous anos haberá que volver a facer todo de novo, se queremos manter a área recreativa en condicións.
Ademais, o GMPP considera que a pista de acceso ó Monte Castelo estase degrandando rapidamente, porque o mantemento que se fixo no seu día, por parte da Deputación, foi realmente penoso e escaso, con grava e riego asfáltico. Agora estase hai tramos nas que se está a levantar totalmente, e máis que se levantará como veña un inverno duro.
Igualmente, consideran que o concello debería repoñer de inmediato as farolas que se atopan rotas ou fundidas, que son varias, para garantir, alomenos, un mínimo de calidde no entorno da área recreativa.
A área recreativa comenzou a ser unha realidade con Evelio Barcia na presidencia da Comunidade de Montes. E xa en 2001 adquire a fisonomía actual, gracias á Consellería de Medio Ambiente de Manuel Fraga. Os populares son conscientes de que manter en condicións a área recreativa non é tarea doada. Pero lembran que tanto PSOE coma BNG foron mui críticos co mantemento da zona que levaba a cabo o goberno municipal do PP. Pois ben, agora o bipartito municipal debe poñerse mans á obra, porque non é de recibo que digan que van poñer en valor a área recreativa, por dúas cuestións, porque a área recreativa xa tén valor de por sí, e porque decir que se pón en valor abrindo o bar non deixa de ser unha tontería xa que se non hai labores de mantemento.
Precisamente o alcalde dixo na campaña das municipais, e mesmo despois, que se actuaría de inmediato na área recreativa do Monte Casteo, cousa que non se fixo; que se Ian plantar espécies autóctonas, cousa que tampouco se fixo, o que corrobora que o alcalde traballa mui pouco, anuncia moito e non fai nada.