Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 600 escolares inician as probas de campo a través do programa Xogade

LUGO .- Preto de 600 escolares de Lugo inician mañá as probas de campo a través promovidos pola Xunta dentro do programa Xogade. A última zona en iniciar as competicións desta actividade destinada a escolares será a da comarca da Mariña, onde as tres probas previstas se levarán a cabo no municipio de Lourenzá a partir do mes de xaneiro. Neste caso, arredor de 150 rapaces tomarán parte na apertura desta disciplina, a de maior tradición no ámbito escolar dentro das recollidas no programa Xogade.
Nota de Prensa

PRETO DE 600 ESCOLARES DE LUGO INICIAN MAÑÁ AS PROBAS DE CAMPO A TRAVÉS PROMOVIDOS POLA XUNTA DENTRO DO PROGRAMA XOGADE

* As competicións zonais darán comezo o sábado no circuíto preparado no entorno do balneario de Guitiriz e o domingo arrancarán na área de Monforte, e de Lugo, onde se desenvolverán as finais provinciais o día 7 de febreiro
* Un total de 40 colexios e equipos de nenos de entre 7 e 15 anos tomarán parte nas competicións que organiza a Delegación Territorial de Lugo, a través do servizo de Deportes, en colaboración coa delegación da Federación Galega de Atletismo

Lugo, 11 de decembro de 2009.- As competicións escolares de campo a través da provincia de Lugo promovidas pola Xunta de Galicia a través do programa Xogade arrancan mañá (11.15 horas) coa primeira proba zonal da Terra Chá, que se organizará no entorno do balneario de Guitiriz .

Nesta carreira entrarán en competición máis dun cento de nenos e rapaces de idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos (nados entre os anos 1994-2002), aos que se sumarán case 350 máis coa estrea das probas na zona Sur e na área de Lugo. O circuíto das Lamas, en Monforte, e o habilitado nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos, en Lugo, son os escenarios escollidos para a posta en marcha desta disciplina nos dous últimos distritos referidos, nos que a hora para o inicio das probas está fixada nas 11.00 horas.

A última zona en iniciar as competicións desta actividade destinada a escolares será a da comarca da Mariña, onde as tres probas previstas se levarán a cabo no municipio de Lourenzá a partir do mes de xaneiro. Neste caso, arredor de 150 rapaces tomarán parte na apertura desta disciplina, a de maior tradición no ámbito escolar dentro das recollidas no programa Xogade.

En total, preto de 600 nenos e rapaces pertencentes a 40 colexios e clubes da provincia participarán nesta iniciativa que é organizada pola Delegación Territorial de Lugo, a través do servizo de Deportes, en colaboración coa delegación lucense da Federación Galega de Atletismo e as distintas agrupacións deportivas de cada zona.

As distancias que percorrerán os nenos nestas primeiras probas moveranse no arco que vai dos 500 metros, que deberán cubrir os corredores de categoría benxamín (nados nos anos 2001 e 2002), aos 4.000 metros, distancia definida para os participantes en categoría cadete (1994, 1995, 1996). Os inscritos nas categorías alevín (1999 e 2000) cubrirán recorridos de un quilómetro e os corredores de categoría infantil deberán percorrer arredor de 1.500 metros.

Estas primeiras probas teñen consideración de preparatorias de cara ás finais zonais, que se desenvolverán no mes de xaneiro e que serán clasificatorias para a final provincial. Esta competición realizarase no entorno do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o día 7 de febreiro.

Exit mobile version