XOVE .- A Concellería de Servizos Sociais e Muller coa colaboración do Servizo Galego de Igualdade e da asociación de Mulleres Bolboretas organizou un amplo programa para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero no que inclúe unha solta de pombas e Posta de Lazos en honra das vítimas de violencia de xénero
NOTA DE PRENSA
AMPLO PROGRAMA PARA CELEBRAR O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais e Muller que dirixe Ana Abad, coa colaboración do Servizo Galego de Igualdade e da Asociación de Mulleres Bolboretas en algunhas das actividades, organizou un amplo Programa para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero:
Obradoiro “Sostenibilidade e Aforro en Tempos de Crise”.- vai desenvolverse o 23 de novembro, de 16:30 a 20:30 h., na aula da OMIX. Actividade concedida polo Servizo Galego de Igualdade.
Relatorio “ A violencia de xénero dende o seu interior: unha nova era na xurisprudencia”. A cargo de José María López Martínez, Letrado do Gabinete Técnico da Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O 24 de novembro no Salón de Actos do Cívico ás 18:00 h.
Acto Simbólico no xardín municipal coa participación do alumnado do IES “Illa de Sarón”, o 25 de novembro ás 12:00 h. coa colaboración da Asociación de Mulleres Bolboretas . O mesmo día, pero de 16:30 a 20:30, teremos un Obradoiro de Literatura e Creación Literaria na aula da OMIX, actividade esta concedida polo Servizo Galego de Igualdade.
Solta de Pombas e Posta de Lazos.- acto celebrado en Honra das víctimas de violencia de xénero o 29 de novembro, despois da Misa Dominical, aproximadamente ás 13:30 h. Contou coa colaboración da Asociación de Mulleres Bolboretas.