Site icon Crónica3.com A Mariña

Inscritas 60 persoas para participar na xornada de cooperativismo agrario en Xove

XOVE .- O Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, Gandería e Montes e do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, organiza unha Xornada de Difusión e Promoción do Cooperativismo Agrario que terá lugar mañá venres, 13 de novembro, no Salón de Actos do Concello de Xove de 16:00 a 20:30 da tarde.

As persoas interesadas en anotarse nesta actividade tiveron a oportunidade de inscribirse (gratuitamente) no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello ata o pasado 6 de novembro. Rematado o prazo de inscrición, na Xornada apuntáronse 60 persoas, cifra moi importante para un evento deste tipo.

Na Xornada vanse tratar algúns dos seguintes temas: vantaxes e axudas dunha cooperativa, requisitos de constitución, estudo de viabilidade dunha cooperativa agraria en Xove, experiencias reais de cooperativas en Galicia… O Programa completo da mesma, é o seguinte:

-16:00 h.- Recepción de asistentes e entrega de documentación.

-16:15 h.- Presentación e Inauguración por parte do Alcalde Demetrio Salgueiro, acompñado da Concelleira de Agricultura Mª Dolores Meitín.

-16:30 h.- “Características, Vantaxes e Axudas dunha Sociedade Cooperativa” a cargo de Teresa González, Técnica de Formación e Xestión de Agricultura, Gandería e Economía Social.

-17:15 h.- Presentación do “Estudo de viabilidade dunha Cooperativa Agraria en Xove” a cargo de David Vila, Técnico de AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias).

-18:00 h.- Pausa – café.

-18:30 h.- “Constitución dunha Sociedade Cooperativa” a cargo de Manuel Domínguez, Membro impulsor da UCAFE (Unión de Cooperativas de Ferrol).

-19:45 h.- “Análise dunha experiencia real cooperativa “ a cargo de Xavier Barcia, Xerente da Cooperativa Os Irmandiños de Ribadeo.

-20:30 h. Clausura e Entrega de Diplomas.

Os destinatarios/as desta xornada, son: persoas en alta no Réxime Agrario, pertencentes a asociación e colectivos, interesados no cooperativismo, alumnado de Obradoiros e Cursos relacionados co sector agrario, Persoal de entidades relacionadas co cooperativismo e / ou deenvolvemento rural, e persoas interesadas nesta materia en xeral.

Exit mobile version