O Concello de Mondoñedo en colaboración ca Secretaría Xeral de Inmigración e o Ministerio de Traballo e Inmigración organizou unha “Xornada de Introducción á Mediación Intercultural” na que participaron técnicos e técnicas de diferentes concellos que habitualmente traballan co colectivo inmigrante. A Xornada celebrouse no Centro de Desenvolvemento Comarcal da Mariña Central, en Mondoñedo.
