NOTA DE PRENSA
XORNADA DE COOPERATIVISMO AGRARIO NO CONCELLO DE XOVE
O Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, Gandería e Montes e do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, organiza unha Xornada de Difusión e Promoción do Cooperativismo Agrario que terá lugar o venres, 13 de Novembro, no Salón de Actos do Concello de Xove de 16:00 a 20:30 da tarde.
As persoas interesadas en anotarse nesta actividade poden inscribirse no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello ata o día 6. Na Xornada vanse tratar algúns dos seguintes temas: vantaxes e axudas dunha cooperativa, requisitos de constitución, estudo de viabilidade dunha cooperativa agraria en Xove, experiencias reais de cooperativas en Galicia…
Esta actividade lévase a cabo a través da subvención aos concellos para a realización de actividades de promoción e fomento do cooperativismo.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán chamar ao Concello ao tfno: 982592001 ou ben acudir ao Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do mesmo.
Dende o Concello de Xove anímase á veciñanza á participación nesta iniciativa.