XOVE .- Oitenta veciños de Xove, acompañados da Concelleira de Cultura Mª Dolores Meitín, partiron hoxe ás 5 da tarde da Estación de Xove nun autobús e un minibús para asistir como público a gravación hoxe dun novo programa de “Lan Rober”, o Programa que TVG, invitados polo xovense Roberto Vilar “O Tonecho”. O Concello de Xove organizou esta viaxe a Santiago de Compostela para todas aquelas persoas que quixeron compartir co seu veciño Roberto Vilar esta xornada. O retorno está previsto sobre as 2 da madrugada.