BARREIROS (FNC) .- Éxito de participación no taller de memoria, convivencia e benestar que se celebra en Barreiros e no que participan os luns e os martes preto de trinta persoas. Entre os asistentes atópase unha veciña de 91 anos.
A concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, amósase moi satisfeita co resultado e coa acollida que está a ter este taller e conta que “cada semana se está a anotar máis xente e incluso pola rúa me preguntan polos horarios”. A edil popular lembra que os obxectivos do taller “pasan por fomentar a convivencia, buscar o benestar, aprender a vivir sin ansiedad e compartir o que sabemos entre todos. Tamén aprendemos a perder porque é algo moi importante, homes e mulleres compartimos as tardes de luns e venres e enséñannos a xogar ó parchís, á baralla, ó dominó… temos crucrigramas, facemos palabras encadenadas, buscamos as diferencias entre debuxos, traballamos frases e asociación de palabras”.
Adela Rodríguez sinala que “recibimos normas para saber vivir sen ansiedade, son normas que ás veces están colgadas non centros médicos e ás que non lles facemos caso. Cada día abordamos unha cuestión, cómo aprender a relaxarse, cómo debemos dormir, en qué horarios e de qué forma, a busca de ambientes agradables, organizarnos nas nosas actividades diarias para ter tempo libre para nós, priorizar o que máis nos gusta para non agobiarnos e poder escolller, buscar solucións ós problemas que poden xurdir diariamente, non ser catastrofistas, facer exercizo diario, o fomento das relacións sociais entre os veciños… falamos tamén de comer e dos hábitos que temos que seguir neste sentido”.
A edil de Cultura anima “á xente a participar neste taller de memoria, convivencia e benestar porque temos un local social perfectamente acondicionado con calefacción para non pasar frío nas tardes de inverno, e onde se atoparán moi a gusto. Xuntámonos os luns e os martes d