Site icon Crónica3.com A Mariña

Un equipo sénior feminino do Club de Baloncesto Burela competirá na liga interzonal Lugo- Santiago

BURELA .- Comeza a Liga interzonal Lugo- Santiago en categoría Senior Femenina, na que por primeira ez vai a participar o club baloncesto Burela. O C.B. Burela atendendo peticións diversas fixo un esforzo económico e organizativo para formar o equipo Sénior Feminino que nun principio ten como obxectivo saír a cancha e competir para máis tarde ir vendo que podemos facer. O adestrador do equipo será  José Manuel Cobas Quiroga que leva colaborando co club desde a época da súa recuperación na tempada 2007-2008

NOTA DE PRENSA
Clube baloncesto Burela

Na presente semana comenza a Liga interzonal Lugo- Santiago en categoría Senior Femenina, na que por primeira vez o noso clube, C.B. Burela participa.

Para posibilitar que aquelas rapazas que nos últimos anos viñeron practicando o baloncesto en categorías inferiores e que en moitos casos o abandonaban ao chegar a idade adulta, o C.B. Burela atendendo ademais a petición dalgunha delas fai o esforzo económico e organizativo de crear o equipo Senior Femenino que vai participar nesta liga xunto a outros tres equipos da provincia e outros tres da zona de Santiago Cluny, Peleteiro e Noia. Os equipos de Lugo son un do Ensino, o Pulpalia, Castro de Riberas de Lea e o noso C.B. Burela.

Os nosos obxectivos nesta primeira campaña e saír a cancha e competir para máis tarde ir vendo que podemos facer.

Acompañavos o calendario remitido polo Federación Galega.

Dende a diretiva do clube informavos de que o adestrador do equipo será  José Manuel Cobas Quiroga que leva colaborando co clube desde a época da súa recuperación na tempada 2007-2008. E solicitarvos que lle fagades o segimento que este novo equipo de baloncesto se merece.

Exit mobile version