Nota de Prensa
Un cento de persoas
Antonio Gato inaugurou este II Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos ao que asistiron Alcaldes e persoal de todos os municipios lugueses
O Deputado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Antonio Gato, inagurou este luns, no Pazo de San Marcos, a “Xornada sobre a Lei de Pagos e Fondos Europeos”, un acto que se enmarca dentro do II Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos, e no que participaron un cento de persoas, entre eles, alcaldes e persoal de todos os municipios lugueses.
Antonio Gato explicou que, debido a vindeira entrada en vigor da Lei de Servizos de Pago, a Deputación, en colaboración con Caixa Galicia, analiza a nova lexislación que afectará aos medios de pago máis empregados: transferencias, domiciliacións, e tarxetas. Gato salientou que “esta normativa nace co obxetivo de adecuar as normas españolas ás comunitarias. Trátase dun paso máis na procura dunha Unión Europea sen fronteiras, e da consolidación dun Mercado Único Euopeo”.
Neste senso, o Deputado provincial subliñou que as Administracións públicas, e as entidades financieiras, deben liderar a xestión da normativa para que, deste xeito, “os veciños de Lugo, como cidadáns europeos, saiban e sexan partícipes dos servizos que conleva”.
Fondos Europeos
Especialistas de Caixa Galicia, e técnicos do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Deputación de Lugo, abordaron, ademais, o proceso para lograr Fondos Europeos que financien proxectos para a provincia.
Antonio Gato destacou que “as características territoriais de Galicia, e máis concretamente as de Lugo, fan que a nosa provincia se inscriba dentro do obxectivo de converxencia da Unión, é dicir, atopámonos nun lugar estratéxico, que nos permite recibir máis fondos para seguir medrando como provincia”.
O responsable da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos lembrou que, en 2008, a Deputación logrou 20,7 millóns de euros que se investiron en proxectos como Lugo2, Innova-TE, o Plan Urban ou o Pacto Integral polo Emprego.
Neste senso, Gato Soengas subliñou que “a Deputación non está disposta a perder nin un só euro que poda beneficiar á provincia, nin a que os seus veciños, como cidadáns europeos, non sexan partícipes do proceso de innovación da Unión Europea. Por iso, neste encontro, profundizamos en cuestións necesarias para que Lugo, e os seus veciños, non queden atrás”.
Programa da Xornada
A xornada, que comezou ás 10:00 horas, contou coa intervención de membros de Caixa Galicia, quenes debatiron sobre a Lei de Servizos de Pago, os aspectos e criterios de aplicación operativa da mesma, e a SEPA, a Área única de pagos en Europea.
Da mesma forma, responsables desta entidade financieira, e técnicos do servizo de Xestión e Recadación da Deputación, explicaron as bases para pedir Fondos Europeos-Programas Operativos, (FEDER, FSE, Fondo de Cohesión, Período 2007-2013, etc), o Financiamento dos Proxectos e o anticipo de fondos, ademais dos Produtos e Servizos para a xestión da tesourería global do Proxecto.