LUGO .- A Consellería de Traballo e Benestar subvencionará nos próximos meses a contratación de 64 axentes de emprego e desenvolvemento local que prestarán os seus servizos en 59 concellos da provincia e en outros organismos oficiais de ámbito local. Os axentes de emprego serán contratados por un período de 12 meses e desenvolverán tanto tarefas de estudo sobre o mercado laboral como de asesoramento puntual aos emprendedores, centrándose en todo momento nas características e posibilidades de empregabilidade da zona concreta que supón o seu ámbito de actuación.
Nota de Prensa
TRABALLO E BENESTAR INVESTIRÁ 1,28 MILLÓNS DE EUROS NA CONTRATACIÓN DE 64 AXENTES DE EMPREGO PARA A PROVINCIA DE LUGO
* Raquel Arias subliña que “importante esforzo realizado pola consellería para facilitar a búsqueda da inserción laboral e da promoción económica local no momento actual”
Lugo, 25 de novembro de 2009.- A Consellería de Traballo e Benestar subvencionará nos próximos meses a contratación de 64 axentes de emprego e desenvolvemento local que prestarán os seus servizos en 59 concellos da provincia e en outros organismos oficiais de ámbito local.
En total, a medida prevé un desembolso de 1.285.385 euros por parte da consellería, que atenderá as solicitudes recibidas achegando en todos os casos o 85% do importe da axuda solicitada. “Este importante esforzo económico realizado pola Consellería de Traballo está orientado a facilitar a búsqueda da inserción laboral”, destacou a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, que fixo fincapé na relevancia do investimento e no obxectivo do mesmo “no momento actual”.
Cabe destacar que os concellos poden solicitar como máximo o equivalente ao 80% dos custos salariais totais derivados do contrato que proxectan formalizar, ata un tope máximo de 27.046 euros. As achegas serán comunicadas oficialmente nos próximos días.
Os axentes de emprego serán contratados por un período de 12 meses e desenvolverán tanto tarefas de estudo sobre o mercado laboral como de asesoramento puntual aos emprendedores, centrándose en todo momento nas características e posibilidades de empregabilidade da zona concreta que supón o seu ámbito de actuación.
O seu principal obxectivo apunta “á promoción económica local, ao impulso de proxectos empresariais e de iniciativas innovadoras para a xeración de emprego naquelas actividades económicas que ofrecen mellores perspectivas de futuro na localidad de referencia”, expuxo Arias.
Para isto, os axentes de emprego realizan prospeccións de recursos ociosos ou infrautilizados no panorama económico local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores. Difunden esta información entre desempregados, promotores e emprendedores, estimulando a formación dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.
Os axentes de emprego realizan tamén labores de acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais concretos. Informan sobre a viabilidade técnica, económica e financeira; ofrecen asesoramento técnico durante as primeiras etapas de funcionamento, e solventan calquera dúbida que poida xurdir neses primeiros pasos da actividade empresarial.
A rede axentes de emprego e desenvolvemento local son unha aposta da Consellería de Traballo e Benestar polo progreso económico e empresarial dende unha perspectiva local, favorecendo especialmente ás zonas menos favorecidas en termos socioeconómicos en aras de conseguir un maior equilibrio territorial.