NOTA DE PRENSA
O GMPP dubida da viabilidade da proposta do alcalde sobre a policía local.
Afirman que a lei só prevé situacións eventuais.
Os populares consideran que non minan a labor do bigoberno, porque non hai nada que minar.
O GMPP de Burela manifestou hoxe as súas dúbidas sobre a viabilidade do servicio de atestados “mancomunado” das policías locais que propuxo o alcalde de Burela por varias razóns. Os populares aseguran que a Lei de Coordenación das Policías Locais só prevé este tipo de actuacións “conxuntas” en situacións excepcionais e en todo caso cos axentes en comisión de servicios. Ademais, é preceptiva a comunicación do acordo dos órganos competentes dos concellos á Xunta de Galicia.
Abundando no tema, os populares consideran que o ámbito de actuación das policías locais son precisamente os seus concellos, dada a condición de funcionarios dos axentes. Por eso consideran que a idea do alcalde de Burela non deixa de ser eso, xa que non se percibe que estea o suficientemente madurada. Ademais, da a impresión de que os alcaldes de Foz e Ribadeo pouco ou nada sabían sobre esta idea, á vista do que se publicou nos medios informativos, idea que segundo os populares pode seguir o camiño da idea do autobús urbano que tivo o alcalde de Burela hai xa ano e medio.
Os populares piden que cando se faigan propostas deste calado, que mesmo poden crear certas expectativas entre a cidadanía, se faigan con rigor, con precaución, e tentanto atar cabos, ademais de escapar da demagoxia e da repercusión publicitaria.