NOTA DE PRENSA
Antonio Gato subliña que “é sorprendente que o PP esixa responsabilidades a Besteiro cando nin tan sequera a xuíza adoptou medidas cautelares”
– O voceiro provincial socialista destaca que “un comeza a pensar se o señor Barreiro sabe algo máis que os poderes xudiciais deste asunto. Se isto fose así, sería unha cousa moi grave”
– Critica que se cuestionase a solidez do partido socialista no congreso provincial do PP cando xa se foron 3 edís de Chantada e en Foz outros tantos xa abandonaron o Partido
– Gato Soengas asegura que no encontro “os populares non deron nin unha soa idea e isto cubre outra das eivas que vén presentando o señor Barreiro que é a falta clara de liderazgo”
O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, saiu este venres ó paso das declaracións do Partido Popular nas que esixen explicacións pola investigación das dilixencias que o Xulgado nº 3 mantén abertas e que o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, adopte medidas sobre as responsabilidades da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Deputado da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz Valiño.
Gato Soengas sinalou que “volven a ser sorprendentes as declaracións do Partido Popular porque nin tan sequera a xuíza adoptou medidas cautelares. Como é posible, se existe un segredo de sumario e non se sabe cal é a súa situación xurídica en relación coa investigación. Un comeza a pensar se o señor Barreiro sabe algo máis que os poderes xudiciais deste asunto porque nós non coñecemos nada máis que o que se ten dito. Se isto fose así, sería unha cousa moi grave”.
Asimesmo, subliñou que este insistencia do grupo provincial popular é producida por dous motivos. O primeiro deles, fai referencia a que “cando non hai propostas políticas dende a oposición e cando no congreso provincial non presentan ningún tipo de idea para a provincia e para a cidadáns lucenses, está claro que non nos podemos adicar a outra cousa maís que a crispar. A especulación e a sementeira de dúbidas é o único proxecto político que presentan para os veciños de Lugo”. Para Antonio Gato isto “cubre outra das eivas que vén presentando o señor Barreiro que é a falta clara de liderazgo e que se demostra coa diserción de concelleiros en distintos Concellos. Ó voceiro do PP xa se lle foron edís de Chantada, Monterroso, Viveiro e Foz.”.
Asimesmo, tamén se referiu ás incorporacións do Partido Popular e que se deron a coñecer no congreso provincial. “Chama a atención cando se fala de renovación que se den nomes como os de Manolita, Celso Currás ou Iravedra, que levan militando nesta formación política dende hai anos”.
Antonio Gato indicou que o segundo proxecto que presentaron é recuperar a Deputación. “Barreiro debería de ser máis comedido porque non lle vin que fose de gañador en distintos procesos políticas, senón que máis ben foi un perdedor, polo que lle pido respeto á institución e ós órganos xudiciais. Solicítolle de novo rigor e cautela, xa que esta é unha Casa transparente dende que chegamos ó goberno e que está ó servizo dos Concellos. Ademais de crer na presunción de inocencia tamén creo nos meus compañeiros”.