NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que a política educativa do bigoberno é nula.
Os populares piden que se asinen os convenios con entidades deportivas para este ano.
Aseguran que o bigoberno non fixo ningunha inversión en materia deportiva.
O GMPP afirmou que un dos eixos fundamentais sobre os que ía xirar a política do bigoberno era a política educativa. Dixeron que a que facía o PP era insignificante e que eles cambiarían substancialmente a situación. Pero o certo é que pasados dous anos e medio o panorama é desolador, xa que as axudas ós centros quedaron reducidas á nada, cando alomenos, e dados os efectos da crise, deberían manterse.
Os populares aseguraron que as axudas directas ós centros educativos no presente ano 2009 foron cero euros, se exceptuamos algún compromiso de pago de transporte que se fixo para algunha excursión concreta e que en todo caso beneficiaron a un grupo minoritario de alumnos. Os populares lembran que nos dous últimos anos nos que gobernaron o concello as axudas ós dous CEIPs estiveron entre os dous mil e os dous mil cincocentos euros por cada ano para cada un dos CEIPs, sen discriminación de ningún tipo.
Para o ano vindeiro, as axudas ós centros de ensino tamén serán igual a cero, tal e como os directores dos centros lles anunciaron ós claustros, o que dá unha idea clara do compromiso do bigoberno coa educación, cando resulta que tanto PSOE coma BNG poñían o berro no ceo cando estaban na oposición.
O sistema de axudas que tiña instaurado do PP facilitaba que os alumnos que ían de excursión tiveran unha subvención indirecta do concello, a través do colexio, para amortiguar o prezo da mesma. Agora esta axuda non chega a todos os alumnos dos CEIPs.
Unha das promesas que fixo fundamentalmente o PSOE foi o de colocar cociñas nos CEIPs, promesa que reivindicou non hai moito o BNG. Hai que lembrar que os comedores escolares en Burela puñéronse en marcha co PP no goberno municipal, e que foi o PP quen comenzou a pagar ás vixiantes dos comedores. Pois ben, esas cociñas están se poñer, e no caso do CEIP “Virxe do Carme” o asunto ainda é máis sangrante, porque a Xunta investiu cáseque noventa mil euros en adecuar espacios internos a efectos de colocar unha cociña, pero coa condición de que quen tiña que abonar os gastos de instalación da cociña era o concello. Só fai falla darse unha volta polo “Virxe do Carme” para darse conta de que non hai tal cociña, co que o concello incumpliu a súa palabra. ¿E quen incumple a súa palabra? Unha vez máis, o alcalde, que seguramente agora virá decindo que eso é cousa da Xunta para non asumir a súa responsabilidade, como acostuma a facer. Polo tanto, o que o PP lle pide a este alcalde é que cumpla o que di, porque unha vez máis demostra que non é de fiar.
Outros dos que serían os eixos da política do bigoberno ía ser o deporte. Como é ben sabido, as duas ampliacións do pavillón Vista Alegre son obra do PP, como é obra do PP o sistema de riego do campo de A Marosa ou as pistas de tenis. E como será obra do PP o novo campo de fútbol artificial da Marosa. O bigoberno, fóra de dar subvencións, nada fixo. Asinou uns convenios o ano pasado con cinco entidades, Burela Fútbol Sala, S. D. Burela, Clube Baloncesto, Asociación Palestina, e Clube Natación Xove, por importe de 57.200’00€. Pois ben, encima de que tardaron en cobrar, agora resulta que os convenios, dos que tres deles tiñan data de caducidade o pasado trinta de Xuño, ainda están sen renovar, e estas entidades non saben con que contías contarán para esta temporada, si vai ser a mesma, inferior ou superior, o que lles está a crear problemas de consolidaciòn dos seus presupostos.
Polo tanto, o que lle pedimos ó bigoberno burelés é que axilice a sinatura de estes convenios, e que manteña o compromiso de gasto asumido o ano pasado.