Nas últimas datas celebráronse varias mocións de censura. Algunha delas foi moi sonada como a de Benidorm. Outras, aínda que con menos sona, tocáronnos mais de preto o producirse na nosa terra.
Cando se anuncia unha nova moción de censura a reacción dos lideres políticos e diferente según como afecte os seus partidos:
– O líder do partido que perde a alcaldía defende o seu alcalde e a súa xestión, o mesmo tempo que tacha de tránsfugas os concelleiros que posibilitan a moción. Manifesta que estes defenden intereses persoais ou de outra índole, o mesmo tempo que piden os dirixentes dos seus partidos que os dean de baixa dos mesmos.
– O líder, ou lideres dos partidos que promoven a moción de censura, tratan de xustificar a mesma en base o mal goberno municipal, a necesidade de un cambio na política local, etc. Manifestan que o seu partido non ten nada que ver na moción, e co boca pequena danos de baixa como militantes do partido.
Iso e todo o que fan os lideres políticos con respecto a moción de censura. E quédanse tan tranquilos ata a próxima na que voltaran a realizar a mesma actuación, iso si, cada un no papel que lle toque.
Pero non se paran nin por un minuto a pensar nas consecuencias das mocións de censura, entre as que podemos destacar as seguintes:
– Xeralmente, en case todos os casos, non se percibe ningunha mellora na política municipal, nin na sua transparencia.
– Na maioría dos casos tratase de un “quítate ti pa pórme eu” e un reparto de concellalias (poderes).
– Causa un importante cabreo entre os veciños, e fomentan o enfrontamento e a división dos mesmos.
– Provoca unha desconfianza por parte dos cidadáns na política e nos políticos.
– Provoca a crispación de vida municipal, e mesmamente en algúns casos, a xudiacialización da mesma.
Pero si os lideres políticos se paran pouco en pensar nas consecuencias das mocións de censura, aínda se paran menos en como evitar estes casos. Cando teñen na súa man a solución.
Poden modificar a lei electoral, co fin de promover a elección directa do alcalde por parte dos cidadáns, recollendo na mesma un dos dous supostos seguintes:
– Que o alcalde sexa o candidato da lista mais votada, aínda que non obteña maioría absoluta.
– Que no caso de que ningún candidato obteña maioría absoluta, ir a elección de alcalde nunha segunda volta entre os candidatos dos dous partidos mais votados.
Calquera delas eliminaría as mocións de censura e resolvería o problema das mesmas, as suas consecuencias e os intereses que conlevan.
Tamén obrigaría, o alcalde en minoría, a chegar a acordos cos outras forzas políticas co fin de poder levar a diante os diferentes proxectos, o que non e malo para democratizar a vida municipal.
Por último, e para aqueles alcaldes que cometesen falcatrúas e se saltasen a lei, quedaría acudir a xustiza ordinaria para esixirlle as responsabilidades pertinentes e inhabilitalos si fose necesario.