Site icon Crónica3.com A Mariña

Sexta tirada do campionato de bolos de Xove

XOVE .- Tarde escuro que acabou cunha lixeira choiva. Campo en boas condicións. Participaron os 38 inscritos: 22 na Liga Senior, 5 na Sub 18 e 11 na Liga Feminina. Excelente participación, sobretodo na Liga Feminina.

Liga Senior.- Ginés Rodríguez sigue encabezando comodamente esta clasificación gracias a unha temporada moi regular, puntuando ata agora en tódalas tiradas e quedando sempre por riba do medio da táboa; non nos cabe dúbida que se adaptou moi ben á nova normativa que elimina a linea do 20. Se sigue nesta línea, esta pode ser a súa temporada, o que nos alegraría moito dado que se trata dun dos xogadores que en toda a historia da Liga máis ten aportado. De todas formas, non o vai ter fácil, xa que por atrais veñen César Cancelos (46 puntos) que esta semana fixo unha tirada regular e José Rafael González, o cal cáseque empata a puntos con César gracias á excelente victoria obtida nesta última tirada. X amáis retrasados, un grupo de xogadores que se están a mover nunha posición media alta, e que están esperando a dar o salto a posicións de cabeza. Salientar que un total de 23 xogadores distintos xa conseguiron puntuar este ano.

Liga Sub 18.- O líder sigue implacable, sumando a súa cuarta victoria (segunda consecutiva) máis bolada, o que lle permite doblar a tódolos seus inmediatos perseguidores. De seguir nesta linea, vai ser difícil que lle escape a victoria final; Alex Meitín, Cristian Rodríguez e Öscar Meitín están tendo unha campaña bastante regular, e o actual campión Andrés Rodríguez está bastante baixo de forma, lexos do nivel do pasado ano, polo que neste intre Jose Vigo pode seguir mantendo comodamente o liderato bastantes semanas máis.

Liga Feminina.- Segunda victoria consecutiva de Carmen Roca o que fai que se afiance no liderato con 23 puntos, seguida de Dolores Baño con 20; hoxe por hoxe, xunto con Marta Álvarez, son as 3 xogadoras que máis e mellor xogo están aportando ao campionato.

A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE O VILACHÁ-PORTOCELO O VINDEIRO SÁBADO, 21 DE NOVEMBRO DE 2009.

Exit mobile version