XOVE .-Tarde escura e chuviosa. Campo en boas condicións, máis rápido do normal debido á auga caída durante o día. Participaron 36 inscritos: 23 na Liga Senior, 5 na Sub 18 e 8 na Liga Feminina. Excelente participación, sobre todo na Liga Feminina.
Liga Senior.- Primeira victoria de Arturo Vigo este ano. Ginés Rodríguez continúa líder, ampliando a súa vantaxe sobre César Cancelos e José Rafael González. Ata aquí todo normal. Pero temos que destacar dous feitos, pouco menos que extraordinarios:
O primeiro, que MODESTO ALBO VIDAL, 80 anos , quedou segundo con 165 tantos, por detrais só de Arturo Vigo, na tirada deste fin de semana; toda unha fazaña para unha persoa que, a súa idade, vive e goza deste deporte como se fose un rapaz. Noraboa! e que siga gozando moitos anos.
O segundo, que a mellor bolada na categoría senior a conseguiu unha muller con 69 tantos, concretamente CARMEN ROCA CORRAL, quen gañou a mellor bolada despois de desempatar con Arturo Vigo, que tamén conseguira 69 tantos. A verdade é que non temos verbas para describir a impresionante bolada realizada por Carmen. Un aviso de que as mulleres comezan a petar forte neste deporte. Noraboa! tamén para Carmen.
Liga Sub 18.- A victoria de Cristian Rodríguez permítelle pasar do 5º ao segundo posto, o cal ocupa con 22 puntos, 12 menos que o líder que segue sendo, unha semana máis Jose Vigo. No resto da clasificación poucos cambios.
Liga Feminina.- Xa falamos da impresionante bolada de Carmen Roca, quen conseguiu en Vilachá a súa terceira vitoria consecutiva, sendo a primeira muller en pasar dos 100 puntos nunha tirada. Estamos realmente impresionados con Carmen Roca, pero tamén con Dolores Baño e Marta Álvarez, quen veñen realizando un gran campionato. Estas tres xogadoras ocupan as tres primeiras posicións, demostrando, semana a semana, un nivel superior ás demáis xogadoras.
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (21 NOVEMBRO 2009) ==== 36 INSCRITOS: 23 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 172 | 12 |
SEGUNDO | MODESTO ALBO VIDAL | 165 | 10 |
TERCEIRO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 164 | 8 |
CUARTO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 154 | 7 |
QUINTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 154 | 6 |
SEXTO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 154 | 5 |
SÉTIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 154 | 4 |
OITAVO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 145 | 3 |
NOVENO | JORDI MEITÍN SERANTES | 145 | 2 |
DÉCIMO | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 144 | 1 |
MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 69 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 171 | 6 |
SEGUNDO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 151 | 4 |
TERCEIRO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 151 | 3 |
CUARTO | ALEX MEITÍN SERANTES | 138 | 2 |
QUINTO | JOSE VIGO LAGE | 133 | 1 |
MELLOR BOLADA | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 68 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 133 | 6 |
SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 90 | 4 |
TERCEIRO | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 67 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 64 | 2 |
QUINTO | MONTSERRAT LOUZAO RODRÍGUEZ | 62 | 1 |