Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PSOE o concello de Cervo impide o acceso rodado a unha familia con familiares eivados

NOTA DE PRENSA
O Concello de Cervo impide o acceso rodado a unha famila, na que un dos seus membros ten serias limitacións físicas

O acceso leva cortado mais de 10 días e impide o paso de vehículos e ambulancias en caso de emerxencia

O Grupo Municipal Socialista quere denunciar o caso dunha familia de Espiñerido, que leva mais de 10 días sen poder acceder a súa vivenda co vehículo, tendo que percorrer 60 m a pe, a pesares de ter a un dos seus membros con limitacións físicas, que obrigan a levar a ista persoa en volandas ata un vehículo para acudir a calqueira actividade ou revisión médica.

A falla de sensibilidade do Alcalde de Cervo, que está ao corrente do caso, é enorme, e costa creer que un mandatario poda deixar pasar este tipo de situacións que afectan á mobilidade de persoas con limitacións. A familia está indignada polos acontecementos, posto que aínda que están totalmente a favor da realización das obras, non están nada contentos coas formas nas que o Concello de Cervo e o alcalde están xestionando o uso dos terreos.

Dende o Grupo Municipal Socialista, instamos ao Alcalde de cervo a que de forma inmediata solicite á empresa constructora o peche da zanxa aberta ata o momento en que se volvan a reiniciar as obras, de maneira que non se causen mais danos innecesarios á familia.

Exit mobile version