Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela anuncia o remate das obras de reparación e mellora do campo de futbol

BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, anunciou hoxe que estes días remataron as obras de arranxo do campo de fútbol. Unha das gradas resultou gravemente danada polo ciclón Klaus.

O rexedor dixo que “estes días remataron as obras realizadas no campo de fútbol de Burela, tras os danos ocasionados polo ciclón Klaus hai cerca dun ano. Unha das partes máis afectadas foi unha das gradas que xa está arranxada e tamén se aproveitou para acabar de pintar todo o balado do campo de fútbol e as instalacións interiores, os vestiarios, etc… tamén se modificou a canalización de augas residuais e pluviais alí para cumprir cos requisitos medio ambientais que se esixen neste ámbito”.

Alfredo Llano subliñou “o interese que se está a ter desde o Concello para que estas instalacións sexan modélicas para a práctica do deporte e todo esto vaise complementar totalmente para o ano que ven co campo de herba artificial da Marosa. Teremos alí despois unhas instalacións maravillosas para a práctica do fútbol tanto por parte das categorías superiores como das inferiores. O investimento ascendeu a cerca de 50.000 euros e os traballos foron realizados por empregados do Concello e tamén a través de empresas”.

O alcalde agarda que “estas melloras duren, que se cuiden e que sexan un modelo para a práctica do deporte aquí en Burela”.

Exit mobile version