Sanidade respostalle ao PP que en ningún momento “dixemos, nin tivemos pensado” modificar mapa sanitario comarcal
Nota de Prensa e Resposta a formulada por María Emma Álvarez Chao e don José M. Balseiro Orol
A Consellería de Sanidade afirma por escrito que nunca foi a súa intención modificar o mapa sanitario comarcal e subliña que o centro hospitalario de Burela seguirá a ser a referencia sanitaria da nosa comarca
O PP TRASLADA Á PLATAFORMA SANITARIA DA MARIÑA O COMPROMISO ESCRITO DO GOBERNO DE REFORZAR OS SERVIZOS, ESPECIALIZACIÓN E AUTONOMÍA DO HOSPITAL DA COSTA E DE MANTER A ÁREA SANITARIA DA MARIÑA
· Os populares esperan que o comité executivo da Plataforma Sanitaria faga extensible esta resposta ao resto dos integrantes deste colectivo e dea conta dela, por ter carácter oficial, nas distintas reunións previstas en varios concellos da Mariña “co obxecto de que poidan coñecerse con veracidade todos os datos e a posición do Goberno de Galicia”
A Mariña, 13 de novembro de 2009.- Varios membros da recentemente constituída Plataforma Sanitaria da Mariña afirmaron publicamente, nas pasadas semanas, que querían dispoñer dun compromiso escrito do Goberno de Galicia que garantira a continuidade da área sanitaria da Mariña. A devandita petición xurde despois de que tanto o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, como a propia Conselleira de Sanidade -esta última en resposta a unha interpelación parlamentaria- desmentiran a través de varias declaracións públicas a intención do novo Executivo galego de modificar o mapa sanitario comarcal. Hoxe o Partido Popular da Mariña vén de facer público que dará traslado aos membros do comité de persoal do Hospital e ás asociacións integrantes do comité executivo da Plataforma Sanitaria dunha resposta escrita elaborada pola Consellería de Sanidade a través da que non só este departamento autonómico afirma que nunca foi a súa intención a de suprimir a área sanitaria comarcal senón que ademais asume o compromiso de reforzar os servizos, especialización e autonomía do Hospital da Costa, que seguirá a ser a referencia sanitaria da Mariña.
Os deputados populares Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao, autores da iniciativa, esperan que a Plataforma Sanitaria da Mariña faga extensible esta resposta ao resto dos integrantes deste colectivo e dea conta da mesma, por ter carácter oficial, nas distintas reunións previstas en varios concellos da Mariña “co obxecto de que poidan coñecerse con veracidade todos os datos e a posición inequívoca do novo Goberno de Galicia ao respecto desta cuestión”
Resposta a pregunta formulada por María Emma Álvarez Chao e don José M. Balseiro Orol
————————————————————————————-
En relación coa pregunta con resposta escrita núm.: 9315, formulada polo
Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a iniciativa de dona María Emma
Álvarez Chao e don José M. Balseiro Orol, sobre “as previsións da
Consellería de Sanidade respecto da supresión da área de saúde do
norte de Lugo, coñecida como Cervo-Burela, as especialidades
médicas existentes no Hospital da Costa, o seu catálogo de servizos,
así como o traslado forzoso dos doentes atendidos nel a outros
hospitais”, (publicada no BOPG núm.: 92, do 13 de outubro de 2009),
teño a honra de enviarlle, para así dar cumprimento ao previsto no artigo
157 do Regulamento do Parlamento de Galicia, a contestación formulada
pola Consellería de Sanidade, que ten o seguinte contido:
“Ratificamos unha vez máis que en ningún momento dixemos, nin tivemos
pensado, modificar o mapa sanitario e, polo tanto, quen asegura que este
goberno quere suprimir a área Sanitaria da Mariña lucense minte
intencionadamente.
O Hospital de Burela non só será a referencia sanitaria da Mariña, senón
que será reforzado tanto en servizos coma en especialización e autonomía.
Será un hospital mellor e máis completo do que é hoxe. Investiremos nel
porque cremos no hospital de Burela. Porque foi un goberno do Partido
Popular quen o creou e será un goberno do Partido Popular quen o reforce.
Hoxe ha¡ un goberno que garante a área sanitaria da Mariña e este goberno
va¡ apostar pola súa viabilidade e sostenibilidade, a continuidade asistencial
entre AP, AE, Urxencias e socio-sanitario, imos potenciar os servizos dos
hospitais e da AP da Mariña.
Na actualidade, no hospital da Costa, xa se están a preparar dúas obras
para potenciar este centro, cun investimento que supera o millón de euros.
A primeira das obras abrangue a área de hospitalización de obstetricia e a
remodelación de paritorios, e a segunda refírese ao cambio que cómpre
facer na cuberta de fibrocemento e na rampla de acceso. Da primeira das
actuacións xa está elaborado o proxecto arquitectónico e adxudicada a obra
e, no segundo caso, estase a elaborar o proxecto.
En definitiva, reiteramos non só a permanencia da área sanitaria de Burela
senón, tamén, o compromiso de reforzar o papel do Hospital da Costa co fin
de mellorar a súa capacidade de xestión e a súa carteira de servizos.”
O que lle remito para o seu coñecemento e inserción no Boletín Oficial do
Parlamento de Galicia, de acordo co previsto no artigo 65 e concordantes do
Regulamento vixente.