LUGO .- 290 persoas participarán nas seis rutas previstas dentro do programa de visitas medioambientais da Deputación. O grupo da Mariña, formado por 36 persoas, fixo a ruta de sendeirismo ata Pena do Castelo e un percorrido en catamarán por Amandi. O itinerario tamén incluíu unha degustación na adega Regina Viarium (Doade). O mércores, 55 integrantes da Asociación veciñal Monte Cruz da Aguieira de Sarria optarán pola ruta “As praias”, que inclúe unha visita ós areais da Rapadoira e Arealonga, así como un percorrido polas instalacións portuarias de Foz.
Nota de Prensa
A Ribeira Sacra, A Mariña e a comarca do Ulla, destinos esta semana de Km0
290 persoas participarán nas seis rutas previstas dentro do programa de visitas medioambientais da Deputación
O Deputado provincial, Claudio Garrido, recibiu este martes no Pazo de San Marcos, a dous grupos, un da Asociación “Camiña” de Burela e a outro formado por veciños da pedanía de Fonteabuin (Sarria), dentro do programa de visitas institucionais Km0 que promove o organismo provincial.
En ámbolos dous casos, os participantes elexiron a Ribeira Sacra. O grupo da Mariña, formado por 36 persoas, fixo a ruta de sendeirismo ata Pena do Castelo e un percorrido en catamarán por Amandi. O itinerario tamén incluíu unha degustación na adega Regina Viarium (Doade). Pola súa banda, os 48 veciños de Sarria embarcaron en catamarán en Doade e visitaron os Muíños de Xábrega. Este grupo tamén tivo a oportunidade de probar produtos autóctonos da zona, así como o viño que se cosecha na adega Proencia, en Sober.
O mércores, 55 integrantes da Asociación veciñal Monte Cruz da Aguieira de Sarria optarán pola ruta “As praias”, que inclúe unha visita ós areais da Rapadoira e Arealonga, así como un percorrido polas instalacións portuarias de Foz. Tamén coñecerán os hórreos e a capela de San Bartolo, en Barreiros. Este mesmo día, 48 solicitantes individuais visitarán o Centro de Artesanía e Deseño, o Pazo da Laxe e o complexo recreativo da Peneda, en Monterroso. Ademais, tamén farán unha ruta de sendeirismo de 3 quilómetros por Pena do Corvo e visitarán a igrexa de Santiago de Bidouredo.
O xoves, as rutas elexidas polos participantes de Km0 son “As augas de Guitiriz” e os “Canóns do Sil”. Membros do Centro Social de Lamas de Prado de Lugo redescubrirán as fontes do balneario e campo de golf, así como o reloxio astrolóxico. Este grupo, formado por 55 persoas, tamén visitará o CENTRAD e fará un percorrido por sete muíños e coñecerán ó establecemento “La Esquina”, onde terán a oportunidade de degustar e mercar as famosas tartas de millo de Guitiriz. Asimesmo, 48 integrantes da Asociación Coral Polifónica “Xolda” de Lugo desprazaranse ata o sur da provincia, onde coñecerán a oleiría de Bonxe e farán unha ruta de sendeirismo polos muíños de Xábrega, ademais de embarcar en Chancís para percorrer en catamarán os Canóns do Sil. Os membros desta asociación tamén degustarán o viño da Ribeira Sacra na adega Proencia.