Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata en Xove o Proxecto Encontros

XOVE .- Útima actividade do Proxecto Encontros do ano 2009. Na mesma van a participar, como ponentes,  7 alumnos/as da Escola de Maiores que van aportar as súas experencias a alumnos e alumnas de primeiro e segundo de ESO, quens van poder manter un contacto con persoas experimentadas  nas distintas tarefas do fogar.

NOTA DE PRENSA

REMATAN AS ACTIVIDADES DO PROXECTO ENCONTROS EN XOVE

Este proxecto ten un doble obxectivo,  crear espazos nos que os rapaces e rapazas coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.

HOXE, mércores 4 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas da tarde, terá lugar naAula da OMIX a derradeira actividade do Proxecto Encontros do ano 2009. Esta actividade ten por nome “AS TAREFAS DO FOGAR” e como  obxectivos ensinar aos rapaces e rapazas as diferentes tarefas domésticas (planchar, coser, cambiar cueiros, facer un biberón, etc). Na mesma van a participar, como ponentes,  7 alumnos/as da Escola de Maiores que van aportar as súas experencias a alumnos/as de 1º e 2º de ESO, quens van poder manter un contacto con persoas experimentadas  nas distintas tarefas do fogar. Os rapaces/as da ESO van a realizar prácticas nestas tarefas, dado que vai haber 8 rincóns diferentes, en cada un deles vaise realizar unha actividade concreta: cambiar cueiros a bebés, facer biberóns, facer nús de garabatas, parchear e cambiar cámaras de bicis, planchar, coser, facer una cama e cravar puntas e preparar unha lampa.

Este Programa está  organizado pola Unidade de Educación Familiar e o Departamento Municipal de Igualdade do Concello de Xove e subvencionado, en parte, pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Exit mobile version