FOZ / XOVE (M.F.O.) .-O C.B. Celtas-Primera Calidad logrou a súa primeira e ansiada vitoria, na decimoprimeira xornada da liga Primeira Nacional, fronte o Forjasa Rosalía, por 73 puntos a 71,aínda que non abandona a última posición. Pola sua parte o club de baloncesto Xove non puido facer fronte ao Ferroplast Basket Coruña e caeu por un contundente 75 a 43; segue manténdose decimoterceiro clasificado.
O Celtas xa estreou o seu casilleiro de vitorias fronte a un Forjasa Rosalia que so levaba un partido gañado. O encontro foi de alta tensión pois os dous equipos presentábanse como colistas da competición. Nos primeiros intres os de Foz tomaron o mando e empezaron gañando por 10 a 0 pero o Rosalía recompúxose rapidamente para chegar ao fin dos primeiros dez minutos so un punto por debaixo ( 26-25).
O segundo cuarto foi de dominio local e os focenses fóronse ao descanso cunha renda de dez puntos ( 48-38 ). Na reanudación, os santiagueses, moi enchufados, lograron un parcial de 0 a 14 pero o Celtas respondeu con outro de 14 a 5, para chegar ao último cuarto con cinco puntos de vantaxe.
No derradeiro tempo as envestidas visitantes e o mal acerto nos tiros libres dos locais provocou un final de infarto que finalmente se levou o Celtas por 73 puntos a 71.
Polo Celtas-Primera Calidad xogou: Miguel (3), Manuel, Sama (24), Diego (2), Manolo (12) – Lucas (7), Ramón (2), Brais (14), Humberto (9) e Aarón.
O C. B. Xove non puido plantarlle cara ao Ferroplast Basket Coruña, en boa medida polas numerosas baixas que están a lastrar o equipo. O marcador ( 75 – 43 ) evidencia o mal momento que están a pasar os de Xove que, coa desta fin de semana, acadan a quinta derrota consecutiva.
A próxima xornada o Celtas viaxa a Narón para enfrontarse ao líder e o Xove recibe ao Canteiras de Porriño que esta situado na zona media da clasificación