Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentadas en Burela as II Xornadas socio-pedagóxicas

BURELA (FNC) .- Esta mañá presentáronse no Concello de Burela as II Xornadas Socio-Pedagóxicas que organiza a ANPA do IES Monte Castelo. Nesta ocasión estarán centradas na importancia da alimentación sá en tres etapas concretas: na preconcepción, no embarazo e na lactancia. As charlas están incluidas no IV Plan de Educación Nutricional Farmacéuticas (Plenufar) do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

As charlas serán os días 25 de novembro e 9 e 22 de decembro, ás 17 horas no Salón de Conferencias (antiga biblioteca de Burela). Van ser impartidas pola farmacéutica e docente, Cristina Sánchez Sampayo. Colaboran na organización do evento o IES Monte Castelo e o Concello de Burela.

No acto de presentación que se desenvolvía no salón de plenos do Concello participaron: Alfredo Llano, alcalde de Burela; Sonia Fraga, concelleira de Sanidade; Neves Cando, concelleira de Benestar Social; Lucía Bouza, edil de Educación; Javier Amat e Amparo Paramio, presidente e vicepresidenta da ANPA do IES Monte Castelo; Marcelino Luna, director do centro e a farmacéutica Cristina Sánchez Sampayo.

Exit mobile version