Site icon Crónica3.com A Mariña

Pregunta á Deputación o PP polo retardo nas axudas a Cultura e Deportes

NOTA DE PRENSA
O GPPP quere saber as causas do retraso na aprobación das axudas para Cultura e Deportes da Deputación para este ano

* Os populares critican que a estas alturas de ano aínda se están aprobando as xustificacións das axudas correspondentes ó 2008

Lugo, a 23 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou hoxe o considerable retraso na aprobacións das axudas de Cultura e Deportes da Deputación do presente exercicio 2009, xa que deberían estar resoltas hai tres meses pero aínda non se tén convocado a mesa de valoración.

Por elo, os populares preguntarán polas causas deste retraso e polas previsións de resolución das respectivas convocatorias no pleno provincial de mañá. Os populares suliñan que xa son bastantes os colectivos que se teñen posto en contacto co Grupo Popular para interesarse por este asunto porque, segundo lle indicaron, a área de Cultura e Deportes da Deputación, que controla o BNG, está a dar largas no asunto cando lles piden información ó respecto, afirmando que a resolución é inmediata.

Pero a realidade, apuntan os populares, é que tres meses despois de que se tivera producido tal resolución, o asunto segue parado e os clubes e colectivos están sen pechar presupostos ou ben sen saber se van ter axuda ou non, en moitos casos coas actividades xa realizadas e tamén pagadas, o que está a serrar problemas de liquidez importantes ós clubes e asociacións.

Dende o GPPP lamentan o retraso que se están a producir e suliñan que aínda nestes momentos se está a proceder a aprobar as xustificacións das axudas de 2008, o que nin sequera significa que se lles vaia pagar de xeito inmediato.

Os populares destacaron a incapacidade política do bigoberno, e neste caso do BNG, para xestionar os fondos públicos con axilidade, dos que afirman que “pásanse a vida facendo de comisarios políticos, controlando as vinculacións ideolóxicas das directivas dos colectivos, presumen de transparencia, e carecen de rigor, de axilidade e de seriedade diante do mundo da cultura e do deporte, provoncando serios problemas económicos ós clubes e asociacións”.

Segundo os populares, a Xunta de Goberno do pasado venres foi, á vista da orde do día, a máis viva mostra “da axilidade, da capacidade de traballo e de demostración da capacidade de xestión: por exemplo, aprobáronse pola vía de urxencia obras do canon hidroeléctrico en Pantón e Pobra do Brollón, que xa figuraban nos ornamentos de 2008; toda unha mostra de eficacia política”.

O GPPP tamén se interesará no pleno de mañá polos orzamentos totais cos que contan os proxectos LugoO2 e Innova-te, polo que solicitará información sobre a coantía total que se adica a cada un dos proxectos licitados e contratados a día de hoxe.

Exit mobile version