SANTIAGO .- Portos de Galicia anunciou hoxe no Diario Oficial de Galicia, a adxudicación definitiva das obras de construción dun edificio servizos portuarios no porto de Ribadeo, na provincia de Lugo, cuxo fin é o de dotar ao porto dunhas oficinas para uso de gardapeiraos e outros usos vencellados ao funcionamento do porto. Esta actuación conta cun presuposto de adxudicación de 461.123,28 euros e un prazo de execución de nove meses.
O edificio, de forma rectangular, irá situado no bordo marítimo, na área comercial da explanada portuaria, e disporá de todos os servizos urbanísticos con acceso rodado polo Oeste. Configurase como edificio adosado na súa parte posterior á nave de almacenamento e se proxecta cunha altura máxima de 7,60 metros e cuberta plana, organizado en dous niveis, planta baixa e planta primeira. Na parcela donde irá emprazado existe unha nave adosada na cara Sur do edificio que vai a ser demolida.
O obxectivo desta actuación é a de dotar ao porto de Ribadeo de instalacións adecuadas e idóneas desde o punto de vista operativo para os gardapeiraos que desempeñan as súas labores no porto. Con este fin inclúense no edificio oficinas de servizos portuarios, despachos e sala de reunións, servizos hixiénicos e vestiarios, ademais dun almacén-garaxe con acceso independente e conexión interior co resto do edificio. Así mesmo se dispón, cun funcionamento totalmente independente, o despacho e vestiario para uso do práctico do porto.