A MARIÑA .- Segundo os datos da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña (UPD), no mes de outubro o paro aumentou en 286 persoas na zona do Pacto Territorial. Este valor tradúcese nun aumento porcentual do 7,59%, case que un punto porcentual inferior ao aumento rexistrado no mesmo mes do ano anterior, no que o paro aumentara o 8,78%. A zona do Pacto Territorial comprende os concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela.
Outubro deixou 286 parados máis na Mariña segundo a Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Outubro deixou 286 parados máis na Mariña segundo a Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña