Site icon Crónica3.com A Mariña

Otero Regal e Paco Rivas comparten protagonismo na Casa da Cultura de Foz

FOZ .- Otero Regal e Paco Rivas comparten protagonismo o martes, día 1 de decembro, na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz ónde se inaugura a exposición “Paisaxes Cerámicos”. Ademais presentarase o libro de poemas “Entre  Nois e Pena  Orxal” de Paco Rivas, con ilustracións de Otero Regal.

COMUNICADO DE PRENSA

CONCELLO DE FOZ – CONCELLERIA DE CULTURA

Inauguración da exposición PAISAXES CERAMICOS DE OTERO REGAL

OTERO REGAL E XAIME CANCIO RODRIGUEZ
Teñen o pracer de invitalo a Vde. á inauguración da exposición PAISAXES CERÁMICOS DE OTERO REGAL
Se algunha vez existirón dúbidas respecto á cualificación da cerámica como arte maior, estas quedaron definitivamente superadas por Pablo Picasso quen produciu nesa técnica algunhas das súas obras mais belas.
De non ser así, aquí están as obras de Otero Regal para reiteralo. A súa obra expresionista, en termos xerais, é de rara e rica complexidade. Paisaxes policromadas en cerámica combínanse , creando un clima sen parentesco que está, máis na “rareza” que na afinidade formal. .     REVISTART Agosto 2009

Acto que terá lugar o vindeiro martes, 1 de Decembro ás 20 horas na casa de cultura
Poeta Manuel María de Foz .
Ademais neste acto presentarase o libro de poemas “ENTRE  NOIS E  PENA  ORXAL” de Paco Rivas e ilustracions de Otero Regal

A EXPOSICIÓN Tratase de 34 obras feitas en cerámica de alta temperatura policromadas con óxidos, esmaltes e engobes cun contido moi chamativo e cheo de cor.
22 son cuadros cerámicos e 4 transe de ánforas-paisaxe colocadas como esculturas nos xardíns.
Esta obra original foi realizada ó largo do ano  2009
Pasamosvos aquí un extracto do catalogo da mostra asi como  o epilogo feito por Paco Rivas.

Por primeira vez podese ver unha obra de Otero Regal toda ela de paisaxes cerámicos, o que el veu o redor de si, en viaxes, vivindo en lugares moi diversos e sobre todo tomando centos de apuntes dende O Cairo a Tunicia, pasando pola Andalucía mais branca, Cataluña, Castela….e mirando sobre todo a perspectiva das casas, moi poucas das paisaxes están sin casas.
Non se poran todas as obras a unha, non caben, irase sacando e poñendo. De vez en vez, cada certo tempo. Mais pobra, mais paisaxes, mais ánforas-paisaxes ata compoñer a gran sinfonía do arte.
Quizais, por eso non é tan só unha exposición, son varias, vivir e volver,. Esta mostra esta feita para que voltemos a esta exposición que quere ser punto de encontro con outras artes, con outros laborios.
Otero Regal atopase, ós 57 anos, algo mais canso pero na mellor quenda de toda a sua historia polo que fai o tempero artístico. Nunca creou con mais oficio, que o ten todo, con ese saber facer, con ese aquel de artesán sabio, que so un Mestre, na sua obra pode bordar.
Se algunha vez existirón dúbidas respecto á cualificación da cerámica como arte maior, estas quedaron definitivamente superadas por Pablo Picasso quen produciu nesa técnica algunhas das súas obras mais belas.
De non ser así, aquí están as obras de Otero Regal para reiteralo.
O autor resístese ás clasificacións e ás preguntas, contesta con natural sinceridade:”Eu non sigo á moda, sígome a min”.
A súa obra expresionista, en termos xerais, é de rara e rica complexidade. Figuras policromadas en cerámica combínanse , creando un clima sen parentesco que está, máis na “rareza” que na afinidade formal.
As imaxes desta exposición, as primeiras paisaxes que eu lle coñezo  son inquietantes, por momentos iso débese ao comentario social que encerran, pero aínda cando iso non fose así, permanecerían como motivo desafiante fronte ao espectador.
Trátase de imaxes que quedan gravadas na mente, que é unha das maiores probas de autenticidade.

EPILOGO

ENTRE NOIS E PENA ORXAL

Antes de rematar este poemario debo facer un par de precisións que coido son interesantes para o lector.
A primeira é que cando o meu amigo e profesor Xesús Alonso Montero escribiu o prólogo que introduce este libro non sabía  –nin eu tampouco- que Alfonso Otero Regal ía encher estas páxinas de fermosísimos debuxos que enriquecen dun xeito extraordinario a miña obra… Primeiro porque Otero Regal é fillo do mesmo mar ca min, do mar de Nois, do mar que compón cantigas cada día na Orxal, no xogaral da Raxoa, na praia da Borneira, ou mesmo en calquera peloural co que se atope en calquera curruncho da costa que vai desde os Xuncos ó Castro de Fazouro. O mesmo mar que polas auxías do tempo vai pintado emocións nos corazóns que saben ler polas pálpebras da brisa… E segundo, que Otero Regal –e non descubro nada novo-, é un grande artista, que sabe expresar esas emocións das que falabamos que nos ensinou a el e a min o mar de Nois, de moi diversas maneiras –cerámica, escultura, pintura…e mesmo debuxos para darlle máis forza e encanto a este poemario que, amigo lector-a, tes nas túas mans.

A segunda precisión que teño que facer, fai referencia e este derradeiro poema que eu non sabía tampocuco ía pechar este poemario; este poema escrito despois da morte de miña mai que acontece a primeiros de decembro deste triste e frío mes de decembro. Este poema completa así o ciclo adicado ós meus pais aínda que eu non o quixera:
Había neste poemario dous poemas para o meu pai, un para o pai que lle ensinaba a medrar a este neno e outro para o pai morto nun, tamén triste e frío mes de febreiro do ano 1992. E había neste poemario un poema para a mai que lle ensinaba a medrar a este neno e -como estaba viva- non había este segundo poema que agora -xa morta nun triste e frío primeiro día do mes de decembro-, se completa o ciclo aínda que eu non o quixera. Por todo isto, e aínda máis, miña mai, cho escribo.

Desde o mar de Nois nun triste e frío día do mes de Decembro do ano 2008

PACO  RIVAS

Exit mobile version