Site icon Crónica3.com A Mariña

Os seis candidatos a encabezar a lista do PP de Ribadeo falaron en Onda Cero A Mariña

RIBADEO .- A emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM) entrevistou aos seis afiliados do Partido Popular de Ribadeo que queren encabezar a lista do PP nas eleccións municipais que se celebrarán no ano 2011.

Alberto Moledo, Azucena González, Begoña Sanjurjo, Jesús López Penabad, José Luís López-Braña e Manuel Valín participaron no programa A Mariña na Onda, que dirixe e presenta Beni Mántaras, e explicaron os motivos polos que se postulan para ser candidatos dos populares á alcaldía ribadense en 2011.

Os seis dixeron que é positivo para o PP de Ribadeo que haxa tantos afiliados interesados en encabezar a candidatura municipal e tamén coincidiron en aceptar que sexa a executiva local quen decida o cabeza de lista.

Exit mobile version