Site icon Crónica3.com A Mariña

Os equipos da alevíns e infantís da SD Ribadeo motivados polos trunfos no que vai de liga

RIBADEO .- A SD Ribadeo continua inmersa en competición tanto en categoría alevín, na competición do Principado de Asturias onde os alevíns A dirixidos por Ivan non coñecen a derrota e van lideres na súa competición, os mozos do B, dirixidos por Carlos, no seu primeiro ano na categoría van tamén por bo camiño, na metade da táboa.
Os INFANTÍS dirixidos por Nico e Germán, logo de sacar tres puntos no campo da Marosa, ante o Burela, visitan esta fin de semana a un SD Sarriana, que se fai moi forte no seu campo e vén de sacar 1 punto a un dos favoritos da competición ED Chantada.

O partido disputásese no campo do SARRIA ás 11,30 horas, NICO e GERMAN desprázanse con todos os seus efectivos dispoñibles.
Os benxamíns comezan a súa competición a finais do mes de novembro, mentres que os pre-benxamíns, comezarán a competición en febreiro de 2010. Ambas as categorías atópanse xogando partidos amigables, con equipos de Galicia e Asturias.

Exit mobile version