O encontro foi moito máis numeroso que noutras ocasións, participaron preto dunha veintena de representantes do comercio local “que valoraron de xeito positivo as iniciativas municipais e precisaron a importancia de iniciar a campaña con máis antelación que en anos anteriores”, segundo explicou o edil de Comercio.
González Legapzi sinalou que “a campaña de Nadal de Burela atopase proxectada, en principio, dentro dos criterios que posibiliten a incidencia do comercio local no ámbito da comarca e mesmo fora dela, de cara a incrementar condicións de fortaleza económica. Os comerciantes avogaron por introducir algún cambio como o desdobramento dos premios para facer posible que sexan máis as persoas premiadas e por tanto se posibilite máis a eficacia da campaña”.
O edil nacionalista agarda que “a concentración de esforzos que estamos a realizar dende a Delegación de Comercio do Concello de Burela permita proxectar unha campaña de Nadal en Burela que represente relevancia e interese como nas pasadas edicións ou mais si cabe, no senso de posibilitar que o seu desenvolvemento represente un avance para o sectores do comercial local”.