CERVO .- Coa chegada das baixas temperaturas acordes con estas datas, o servizo municipal de protección civil de Cervo, recomenda aos veciños a revisión por persoal autorizado das caldeiras tanto de gas-oil como de gas, ademais recomendan que os propios usuarios revisen as saída de gases que han de estar libres, as chemineas libres de “sarro”, e que se preste especial atención aos braseiros e estufas de butano/propano/keroseno, recordamos que as puntas das chamas de cor amarela, alertan dunha mala combustión e dunha posible presenza de monóxido de carbono, gas letal que produce a maior parte de falecementos e intoxicacións e de moi difícil detección sen medidores, como exemplo alertan que a intoxicación por este gas, produce uns síntomas como dor de cabeza, dor muscular e ante a dúbida, debe ventilarse ben as estancias e polo en coñecemento dos técnicos das instalacións ou servizos de urxencia.
Seguir unhas pautas de boa conduta, é a medida máis segura para evitar accidentes durante a tempada de frío, que se poderían resumir do seguinte xeito: revisións dos aparellos, especialmente os que consuman gas/ gas-oil / keroseno/ madeira/ carbón, que as rejillas destinadas á evacuación de gases estean libres de obstáculos e “non taponadas” ( é un malo costume que se percibe en moitos fogares a de tapar as saídas de gases con papeis ou trapos para evitar a entrada de frío), ventilar as estancias todos os días ( entre 5 e 10 minutos) para contribuír á entrada de aire limpo e desaloxar o viciado, evitar na medida do posible o uso de braseiros, estufas de gas e kerosenos en estancias pouco ventiladas, de ser así, procuraremos unha entrada de aire fresco e en todo caso, estas deben de estar ben apagadas e retiralas das estancias onde imos durmir ( non recargar estes aparellos nunca acesos e esperar o tempo necesario para facelo en condicións de seguridade). Onde se utilicen chemineas ou cociñas de leña, deberemos asegurarnos de ter ben limpas os tubos das chemineas para evitar a acumulación de feluxe, pois dificulta a evacuación dos fumes e aumentan de modo moi elevado o risco de incendio, ademais recoméndase non achegar a este tipo de instacións materiais combustibles, nin telos preto de cortinas, nin debaixo das mesas, nin utilizalos como tendedeiros e recordar SEMPRE de apagalos antes de deitarse.
Ante calquera dúbida, este servizo ponse a disposición dos seus veciños para asesoralos nos teléfonos municipais e recorda que en caso de urxencias deben de chamar ao 112 SOS GALICIA.