Nota de Prensa
A EXECUTIVA SOCIALISTA DE CERVO CHAMA AOS VECIÑOS A SUMARSE AOS ACTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
OS SOCIALISTAS CERVENSES, CONFECCIONARÁN LAZOS DE COR VIOLETA QUE REPARTIRÁN O XOVES NO MERCADO SEMANAL DE SAN CIPRIAN.
CERVO, 24 DE NOVEMBRO. Con motivo do día internacional da loita contra a violencia de xénero, que se celebra maña 25 de novembro, a Executiva do PSdeG-PSOE de Cervo quere facer un chamamento á sociedade. “Temos que dicir alto e claro a quen exerce a violencia contra as mulleres que non ten cabida nunha sociedade na que nos principios democráticos como a igualdade, o respecto á dignidade humana e a liberdade son un obxectivo irrenunciable a todos os niveis”.
Os socialistas confeccionarán lazos de cor violeta no local do partido, o mércores 25, a partires das 20:00 h.
O Xoves, a partire das 11:00 h e coincidindo co mercado semanal de San Ciprián, afiliados e membros da executiva, repartirán estes lazos entre os veciños, comerciantes e os establecementos da zoa, co fin de concienciar a todos contra esta lacra, que acaba cada ano coa vida de moitas mulleres, e que deixa tras de sí un regueiro de sufrimento e familias rotas.
As 12:30 h, a portavoz municipal, Lara Méndez, leerá o manifesto contra a Violencia de Xénero en fronte do Museo do Mar.