Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo demanda unha Policía Local eficaz e pide máis medios para os axentes

NOTA DE PRENSA
O GMS de Cervo demanda unha Policia Local eficaz e pide mais persoal e medios para os axentes
Alfonso Villares e Balseiro Orol descuidan o servizo, que sofre un deterioro progresivo en detrimento dos Cervenses

O alcalde de Cervo incumpre de forma reiterada a Ley 4/2007, de 20 de abril de Coordinación de Policías Locais, o que na práctica supón unha merma da calidade do servizo.

O alcalde ou Concelleiro en quen este delegue, ten que dar os pasos necesarios para adaptarse á evolución dos corpos policiais, dedicando cada vez un maior número de recursos para proporcionar aos seus veciños un servizo de policía que, sen deixar de ser próximo, gañe cada día en eficacia e eficiencia, como así, vén recollido na exposición de motivos da citada Lei.

Xefe da Policía Local.

No Concello de Cervo, a pesar de existir unha vacante de Oficial, non se cubriu polo procedemento legal, senon que se designou a dedo a un dos axentes da plantilla, sendo nomeado Cabo en funcións por resolución da Alcaldía con data 18/10/2006. Tendo en conta que esta Lei entrou en vigor a finais de maio do 2007, xa se excedeu o prazo máximo de doce meses para publicar a convocatoria pública desa praza vacante.

Auxiliares de Policía Local.

O auxiliar contratado en Cervo, leva traballando ininterrompidamente desde xaneiro, é dicir, máis de seis meses, incumprindo tamén o artigo 95, apartado 7 da Lei que limita os prazos. Desta maneira, o Concello evita sacar adiante a praza correspondiente.

Reseñar, que este verán, a pesar de contar cun número de axentes menor que anos pasados, o concello non contratou auxiliares e incluso dudamos que o Concello solicitara a subvención á Conselleria de Traballo.

Dotación do arma reglamentaria.

A Policía Local de Cervo, leva reivindicando a dotación do arma reglamentaria dende o ano 2002. Actualmente a maioría das plantillas da Policía Local de Galicia dispoñen do arma reglamentaria de dotación. Como exemplo decir que dos Concellos da Mariña que dispoñen de cuerpo de Policía Local, soamente o de Cervo non dotou do arma reglamentaria a os seus axentes, mentres que os de Ribadeo, Foz, Burela e Viveiro, si lo han hecho. Esta situación deixa desprotexidos non so aos propios axentes ante unha ameaza armada, senón tamén aos cidadáns.

Esto supón na práctica, incumprir o establecido no artigo 11 (Medios Técnicos). Por unha banda a Administración ten a obriga de dotar aos policías dos elementos, aparatos e sistemas que necesitan para poder cumprir coas súas obrigagas; e por outra os servizos na rúa e de custodia se prestarán sempre con armas (apartado 3).

Falta de interes Municipal no servizo

Ademais, engadir a suposta falta de interese polo funcionamento da Policía Local, do cal depende a seguridade cidadá, por parte da anterior concelleira de Seguridade, Pilar Armada, que durante o tempo que ostentou esa concellaría, non mantivo nin unha soa reunión cos membros da Policía Local, nin sequera para presentarse. Situación que parece querer continuar o novo concelleiro de seguridade,o Sr. Balseiro Orol.

Ni de noite, nin en festas

Esta falta de interese e desidia foi sufrida polos cidadáns, cando requiriron á Policía Local, e esta non puido atenderlles por non dispor de axentes en determinadas quendas, ou como o día da Maruxaina, día de maior afluencia de visitantes de todo o ano, e que só contaba cun auxiliar de servizo na quenda de mañá. Ou que durante os 2 últimos anos a Policía Local non presta servizo nocturno durante as festas locais de San Ciprián e Cervo, como viñan facendo anteriormente, co mesmo número de policías que actualmente forman o persoal.

Exit mobile version